Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios

Organigrama da Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios Acceso á información do Servizo de Xestión de FEOGA -  Orientación e Iniciativas Comunitarias Acceso á información do Servizo de Metodoloxía e Seguimento Acceso á información do Servizo de Auditoría dos Fondos Comunitarios Acceso á información da Subdirección Xeral de Coordinación de Investimentos e Fondos Comunitarios Acceso á información do Servizo de Xestión do FEDER, Fondo de Cohesión e FCI Acceso á información da Subdirección Xeral de Planificación Económica Acceso á información do Servizo de Avaliación e Análise Acceso á información do Servizo de Xestión de FSE e IFOP Acceso á información do Servizo de Coordinación de Políticas Comunitarias

Competencias da Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios

  1. Correspóndenlle á Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios as seguintes competencias:
    1. O exercicio de todas as competencias que o Estatuto de autonomía lle atribúe á Comunidade Autónoma en materia de planificación económica.
    2. A coordinación coa Dirección Xeral de Orzamentos para efectos da repercusión da planificación económica no cálculo do orzamento. Así mesmo, o seguimento de actuacións de política económica da Administración autonómica.
    3. A relación sobre materias relativas á Unión Europea (UE) e á política económica, tanto no ámbito da Comunidade Autónoma como doutras administracións, a través dos órganos colexiados de coordinación que correspondan ou das diversas comisións sectoriais establecidas. Así mesmo, o mantemento de relacións con outras administracións públicas e cos sectores socioeconómicos e axentes sociais en canto se refire ao seguimento das súas actuacións investidoras, e co Consello Económico e Social de Galicia.
    4. A coordinación e o impulso de actuacións da Administración autonómica en materias relacionadas coas políticas rexionais e sectoriais da UE.
    5. O seguimento do impacto económico a medio prazo das políticas comunitarias, nacionais e rexionais.
    6. A elaboración de análises e estudos sobre o impacto territorial da actividade económica en xeral e do gasto público en particular, así como, se é o caso, a instrumentación de propostas para a corrección dos desequilibrios rexionais, así como a avaliación dos programas económicos a medio prazo.
    7. A coordinación das relacións coa Administración xeral do Estado e coa local e, se é o caso, coa europea, en materias de coordinación de investimentos, en canto á programación a medio prazo.
    8. A coordinación de actuacións tendentes ás demandas de información das inspeccións técnicas e financeiras comunitarias.
    9. As competencias atribuídas no Regulamento (CE) nº 438/2001, da Comisión de 2 de marzo de 2001, relativo aos Organismos Intermedios.
  2. A Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios estará integrada polas seguintes unidades, que exercerán as funcións que se indican:
    1. A Subdirección Xeral de Planificación Económica, que terá ó seu cargo:
      1. A realización e dirección de estudos e traballos conducentes á planificación, elaboración, seguimento, actualización e instrumentación da programación económica a medio prazo.
      2. A análise dos plans sectoriais e dos orzamentos das administracións públicas en relación coa programación económica da Xunta de Galicia, así como a coordinación do réxime de axudas públicas.
      3. A realización, coordinación e análise das avaliacións previas, intermedias, complementarias e posteriores das intervencións comunitarias.
      4. A coordinación e a análise de estudos referentes á conxuntura económica e a elaboración de previsións sobre o comportamento da economía galega.
      5. A instrumentación de mecanismos de obtención e xeración de indicadores e seguimento da planificación anual e plurianual da Xunta de Galicia.
      6. A coordinación administrativa e o seguimento do cumprimento dos acordos da Comisión Delegada da Xunta para Asuntos Económicos e, en particular, dos contratos-programa aprobados pola devandita comisión.
      7. As relacións técnicas de cooperación e seguimento dos traballos do Consello Económico e Social de Galicia e doutros organismos públicos.

      A Subdirección Xeral de Planificación Económica contará con tres servizos:

      1. O Servizo de Metodoloxía e Seguimento, que exercerá as seguintes funcións:
        1. A aplicación de métodos e indicadores así como a recolla de datos necesarios para o seguimento da planificación económica anual e plurianual.
        2. A instrumentación e o seguimento dos acordos e plans socioeconómicos relativos á economía rexional.
        3. A realización das análises dos plans sectoriais e dos orzamentos das administracións públicas en relación coa programación a medio prazo da Xunta de Galicia.
      2. O Servizo de Avaliación e Análises, que exercerá as seguintes funcións:
        1. A realización, coordinación e análise das avaliacións previas, intermedias, complementarias e posteriores de todas as formas de intervención comunitaria.
        2. A coordinación e análise de estudos e informes relativos ao comportamento da economía galega e as relacións co Instituto Galego de Estatística (IGE).
        3. A elaboración de propostas, estratexias e prioridades para o aproveitamento dos recursos financeiros provenientes das axudas comunitarias con posible incidencia rexional.
      3. O Servizo de Coordinación de Políticas Comunitarias, que exercerá as seguintes funcións:
        1. A relación co departamento encargado da Acción Exterior da Xunta, así como a participación e o seguimento de actividades e programas relacionados directamente coa política rexional comunitaria.
        2. A tramitación e coordinación administrativa derivada da Secretaría Técnica da Comisión Delegada para Asuntos Económicos e da adscrición do Consello Económico e Social de Galicia á Consellería de Economía e Facenda.
        3. A coordinación do réxime de axudas públicas e a elaboración de informes sobre a normativa comunitaria de aplicación.
    2. A Subdirección Xeral de Coordinación de Investimentos e Fondos Comunitarios, que terá ó seu cargo:
      1. O estudo, coordinación e elaboración de propostas de aplicación da política rexional comunitaria e os fondos estruturais e de cohesión e, en particular, a formulación de instrucións para a coordinación da programación dos proxectos de investimentos da Xunta de Galicia que configuran o Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), Fondos Estruturais, Fondo de Cohesión e Iniciativas Comunitarias da Unión Europea, así como a programación e xestión do Fondo de Cooperación Local (FCL) para a anualidade de programación 2000 do Programa Operativo Integrado de Galicia 2000-2006.
      2. A participación e representación, compartidas cos órganos sectoriais da Administración autonómica, nos órganos e comités de seguimento relativos aos fondos citados no apartado anterior, e noutros órganos colexiados con competencias en Fondos Europeos, así como a elaboración dos informes e propostas aos ditos órganos.
      3. A xestión técnica que se deriva das competencias atribuidas á Dirección Xeral no apartado i) do artigo 9.1º relativas aos Organismos Intermedios.
      4. A coordinación técnica co Comité de Investimentos Públicos respecto á materialización da programación de Investimentos Públicos en Galicia e, en particular, do Fondo de Compensación Interterritorial.
      5. O seguimento e a certificación dos investimentos cofinanciados cos ditos fondos, ante as correspondentes administracións, para os respectivos reembolsos á Comunidade Autónoma.
      6. A coordinación e elaboración dos informes e propostas relativas ás inspeccións técnicas e financeiras que realicen as autoridades comunitarias, referidas aos ditos fondos.
      7. A emisión periódica de informes sobre a xestión do FCI e Fondos Estruturais e de Cohesión, e, en particular, as previsións de ingresos.

      A Subdirección Xeral de Coordinación de Investimentos e Fondos Comunitarios contará con catro servizos:

      1. Servizo de xestión do FEOGA-Orientación e Iniciativas Comunitarias, que exercerá as seguintes funcións:
        1. A coordinación da programación e da xestión do FEOGA-Orientación e das Iniciativas Comunitarias.
        2. A xestión e tramitacións ante a Administración xeral do Estado e ante a Unión Europea dos reembolsos do FEOGA-Orientación e Iniciativas Comunitarias.
      2. Servizo de Xestión do Feder, Fondo de Cohesión e FCI, que exercerá as seguintes funcións:
        1. A coordinación da programación e da xestión do Feder, Fondo de Cohesión e FCI.
        2. A xestión e tramitación ante a Administración xeral do Estado e ante a Unión Europea dos reembolsos dos fondos citados no apartado anterior.
      3. Servizo de xestión do FSE e IFOP, que exercerá as seguintes funcións:
        1. A coordinación da programación e da xestión do FSE e do IFOP.
        2. A xestión e tramitación ante a Administración xeral do Estado e ante a Unión Europea dos reembolsos dos fondos citados no apartado anterior.
      4. Servizo de Auditoría dos Fondos Comunitarios, que exercerá as seguintes funcións:
        1. Garantir o cumprimento das competencias atribuídas ao Organismo Intermedio definidas no Regulamento (CE) nº 438/2001 da Comisión do 2 de marzo de 2001.
        2. Verificar os métodos e procedementos conducentes ao cumprimento da subvencionabilidade dos gastos procedentes dos fondos comunitarios.
        3. A preparación e articulación da programación económica derivada das axudas comunitarias.
        4. A coordinación da programación económica coa política orzamentaria da Xunta de Galicia.
A CONSELLERÍA
Benvida do Conselleiro
Organigrama
Contratación (Lei Transp)
OFICINAS VIRTUAIS
ÁREAS
Secretaría Xeral e do Patrimonio
Tributos
Orzamentos
Intervención Xeral
Planificación Económica e Fondos Comunitarios
Política Financeira e Seguros
ARQUIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Novas
Imaxes
Multimedia
ORGANISMOS
Web do CIXTEC
Web do IGE
Web do IGAPE
Web do CES-GALICIA
Web do TGDC