A Lei 6/2004, do 12 de xullo, reguladora dos órganos de defensa da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, creou o Tribunal Galego de Defensa da Competencia, como organismo autónomo de carácter administrativo adscrito á Consellería de Economía e Facenda, que ten como fin xeral preservar o funcionamento competitivo dos mercados no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, garantindo a existencia neles dunha competencia efectiva. Procede neste momento desenvolver a súa estrutura orgánica, co fin de acadar un eficaz cumprimento das súas funcións.
Polo tanto, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, tras o informe favorable do Tribunal Galego de Defensa da Competencia e demais informes preceptivos, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de febreiro de dous mil cinco,
O Tribunal Galego de Defensa da Competencia é un organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito á Consellería de Economía e Facenda, ao que lle corresponden as competencias e funcións que en materia de defensa da competencia lle atribúe a Lei 6/2004, do 12 de xullo, reguladora dos órganos de defensa da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.
Ademais, o tribunal poderá:
Para o desempeño das súas funcións, o Tribunal Galego de Defensa da Competencia estrutúrase nos seguintes órganos de dirección:
Ao secretario corresponderalle, en xeral, o exercicio das competencias que aos secretarios dos órganos colexiados administrativos lles atribúe a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O secretario asistirá o Pleno, o Presidente e os vogais na preparación das reunións do Pleno, ao que asistirá con voz pero sen voto, e asesorará sobre a legalidade dos actos e acordos que se sometan a este, coidando da observancia dos trámites e prazos dos procedementos.
Ademais, será responsable da custodia dos expedientes, actuacións e documentos do tribunal e da tramitación dos asuntos relacionados coas funcións deste.
En caso de ausencia, vacante ou enfermidade, o secretario será substituído temporalmente por quen designe o presidente.
Facúltase o conselleiro de Economía e Facenda para ditar as disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento e execución deste decreto.
As consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Economía e Facenda realizarán as modificacións que procedan na relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Facenda, derivadas da estrutura orgánica obxecto deste decreto.
Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, tres de febreiro de dous mil cinco.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
José Antonio Orza Fernández
Conselleiro de Economía e Facenda