Xunta de Galicia. Consellería de Economía e Facenda








É para nós unha satisfacción presentarlle os Orzamentos Xerais de Galicia para o ano 2007. Os Orzamentos son a lei e o acto político e económico máis importante do Goberno dun país, porque recollen as contas elaboradas para o progreso e o bo funcionamento do fogar común en que todos vivimos: Galicia.
Igual que en todos os fogares, os Orzamentos reflicten o conxunto real e estruturado de gastos e ingresos dos que a Administración pública dispón para cumprir os seus compromisos e os obxectivos que beneficien o conxunto da sociedade.
Este proxecto presentouse, en primeiro lugar, no Parlamento de Galicia, para que foran debatidos polos representantes de todos os cidadáns. Unha vez aprobados, xa son unha das referencias fundamentais da vida económica, social e política da nosa Comunidade.
Estas novas contas de Galicia para o ano 2007 están pensadas e elaboradas con criterios de rigor, transparencia e eficacia e dun xeito realista e responsable, mais tamén ambicioso.
A ambición de facer de Galicia un país cunha economía máis competitiva, que nos permita converxer coas rexións máis avanzadas de Europa e posicionarnos con vantaxe no contorno global en que vivimos.
O desexo de crear máis e mellores empregos para todos os cidadáns. A vontade de construír unha sociedade máis igualitaria e un territorio máis cohesionado.
Estos son uns Orzamentos que pertencen e queremos que beneficien a todos os galegos. Nesta páxina web atopará toda a información precisa para se achegar dun xeito claro a un documento esencial na vida democrática dun país.
Queremos expresar, para finalizar, que na Consellería de Economía e Facenda sabemos que vostede é a peza clave para mellorar o traballo da Administración, por iso facemos unha invitación a que nos transmita as opinións e suxestións que estime convenientes sobre estes Orzamentos.
Un saúdo. Benvida. Benvido
José Ramón Fernández Antonio
Conselleiro de Economía e Facenda
2006 Xunta de Galicia. Consellería de Economía e Facenda Castellano