Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

Participación cidadá na elaboración de disposicións de carácter xeral

A Consellería de Economía e Facenda, no exercicio das súas funcións e de conformidade co disposto no artigo 105 da Constitución Española e  no artigo 9 Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, procede a publicar na súa páxina web a relación dos procedementos de elaboración de disposicións administrativas de carácter xeral que estean en curso, indicando o seu obxecto e estado de tramitación, coa posibilidade de que os cidadáns podan remitir as súas suxestións.

En calquera momento anterior ao trámite de audiencia ou, de ser o caso, ao informe final da secretaría xeral, as persoas, individualmente ou por medio de asociacións que as agrupen ou representen, poderán remitir suxestións relativas a aqueles proxectos que as afecten. As proposicións, suxestións ou recomendacións recibidas serán tidas en conta polo órgano encargado da redacción do texto do proxecto, que poderá asumilas ou rexeitalas a través dun informe final no cal cada unha recibirá unha resposta razoada, agás nos casos de recoñecida e notoria urxencia, nos que a resposta poderá ser común para todas aquelas suxestións que formulen cuestións substancialmente iguais.

A presentación de propostas non atribúe, por si mesma, a condición de persoa interesada no procedemento.

O previsto anteriormente non substitúe o trámite de audiencia pública, nos supostos en que sexa preceptivo de acordo coa normativa de aplicación.


LISTAXE DE DISPOSICIÓNS DE CARÁCTER XERAL EN ELABORACIÓN
TÍTULO ÓRGANO ADMINISTRATIVO ESTADO DE TRAMITACIÓN SUXESTIÓNS
PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE REGULA O CONTIDO MÍNIMO DAS PROPOSTAS NORMATIVAS QUE IMPLIQUEN CREACIÓN DE NOVAS ENTIDADES DO SECTOR PÚBLICO AUTONÓMICO Secretaría Xeral e do Patrimonio Elaboración Formulario
DECRETO POLO QUE SE APROBA O REGULAMENTO DA LEI  9/2007 DE SUBVENCIÓNS DE GALICIA Intervención Xeral da Comunidade Autónoma Elaboración Formulario



A CONSELLERÍA
Benvida do Conselleiro
Organigrama
Contratación (Lei Transp)
OFICINAS VIRTUAIS
ÁREAS
Secretaría Xeral e do Patrimonio
Tributos
Orzamentos
Intervención Xeral
Planificación Económica e Fondos Comunitarios
Política Financeira e Seguros
ARQUIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Novas
Imaxes
Multimedia
ORGANISMOS
Web do CIXTEC
Web do IGE
Web do IGAPE
Web do CES-GALICIA
Web do TGDC