Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

REGULAMENTO PARA A EXECUCIÓN DA LEI DO PATRIMONIO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA

Volver: Sumario - Título I |
Título II |
Título III

|

Disposicións adicionais

|

Disposicións adicionais Primeira

O Consello da Xunta, a proposta da Consellería de Economía e Facenda, determinará as condicións xerais que rexerán para toda clase de concesións, autorizacións ou permisos sobre o dominio público.

Disposicións adicionais Segunda

As facultades que correspondan á Xunta de Galicia en relación cos edificios destinados á instalación de oficinas administrativas exerceranse consonte co disposto neste Regulamento, sen prexuício das que para emisión de informes sobre programación de necesidades de edificios se recoñecen á Xunta Coordenadora de Edificios Administrativos por Decreto 99/1988, do 21 de abril (162).

(162) Publicado no DOG nº 91, do 13 de maio de 1988.

Véxase tamén o D. 179/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a coordinación nos edificios administrativos da Xunta de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

Disposicións adicionais Terceira

As Universidades públicas sobre as que teña competencia a Comunidade Autónoma de Galicia asumirán a titularidade dos bens de dominio público afectos ó cumprimento das súas funcións e os que co mesmo fin se lles adscriban (163).

(163) Véxase o D. 253/1992, do 10 de setembro, polo que se aproban os estatutos da Universidade da Coruña (DOG nº 182, do 17 de setembro. C. de e. no DOG nº 198, do 9 de outubro), modificados polo Decreto 245/1998, do 30 de xullo (DOG nº 167, do 28 de agosto. C. de e. no DOG nº 214, do 4 de novembro de 1998), e polo D. 41/2000, do 25 de febreiro (DOG nº 43, do 2 de marzo).

Así mesmo, téñanse en conta a Res. do 16 de setembro de 1993 pola que se dá cumprimento ó acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de agosto de 1993 sobre os estatutos da Universidade de Vigo (DOG nº 204, do 22 de outubro), e o D. 473/1997, do 28 de novembro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (DOG nº 250, do 29 de decembro. C. de e. nos DOG nº 104 e 112, do 2 e do 12 de xuño de 1998).

Disposicións adicionais Cuarta

Toda subvención que, con cargo ós presupostos xerais da Comunidade Autónoma, vaia destinada a empresas públicas galegas ou participadas pola Comunidade Autónoma requirirá informe previo favorable da Consellería de Economía e Facenda (164).

(164) A O. da Cª de Economía e Facenda do 17 de xullo de 1989 pola que se nomea o órgano para a
emisión do informe ó que se refire a disposición adicional décimoquinta da Lei 13/1988 (DOG nº 151, do 8 de agosto) sinala como órgano competente para emiti-lo dito informe á D.X. do Patrimonio (hoxe en día debe entenderse a Secretaría Xeral e do Patrimonio).

Disposicións adicionais Quinta

O Consello da Xunta de Galicia poderá, a través de Decreto, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, modifica-las contías establecidas nos artigos 25, 26, 34.1, 35.2 e 36 da Lei do Patrimonio (165).

(165) En virtude desta habilitación os arts. 25 e 26 da Lei 3/1985 foron modificados polo D. 207/1994, do 30 de xuño (DOG nº 131, do 8 de xullo. C. de e. no DOG nº 143, do 27 de xullo).

Disposicións adicionais Sexta

  1. Autorízase á Consellería de Economía e Facenda a adquisición a título lucrativo ou gratuíto, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, dos dereitos reais de dominio, uso e superficie sobre bens inmobles propiedade de entidades públicas ou privadas así como de particulares que os cedan para seren destinados preferentemente a instalacións da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e das súas sociedades.
  2. A Consellería de Economía e Facenda, con anterioridade á sinatura dos correspondentes documentos públicos, fará pública mediante Orde a adquisición do dereito así como a identificación do cedente e obxecto cedido sobre o que recae e demais datos necesarios para identificar cada adquisición.
  3. Na mesma Orde a que se refire o artigo anterior, incluirase, se é o caso, o acordo de adscrición dos bens a favor da Compañía de Radio-Televisión de Galicia ou das súas sociedades (166).

(166) Esta disposición reproduce substancialmente o seu antecedente, que se atopa no D. 64/1987, do 17 de marzo (DOG nº 62, do 1 de abril).

Disposicións adicionais Sétima

A taxación pericial de tódolos bens e dereitos para os efectos previstos neste Regulamento, cando nel non se prevexa outra cousa, será competencia da Dirección Xeral do Patrimonio, podendo solicitar esta a colaboración que precise doutros órganos da Administración ou de persoas físicas ou xurídicas (167).

(167) Véxanse os arts. 37, 62.1, 77.1 e 94.1 deste regulamento.

Disposicións adicionais Oitava

Para os efectos de obte-la constante actualización do Inventario Xeral de Bens Inmobles da Comunidade Autónoma, e sen prexuício do disposto na Lei e Regulamento de Contratos do Estado en materia de recepcións de obras (168), as distintas Consellerías, órganos estatutarios ou entes públicos, notificarán á Dirección Xeral do Patrimonio toda recepción de obra nova ou reforma substancial que se opere sobre un ben patrimonial, con independencia da contía da obra e con anterioridade á súa recepción provisional.

(168) Arts. 147 da LCAP e 170 e 173 do Rto. xeral de contratación, aprobado polo D. 3.410/1975, do 25 de novembro (BOE 311 e 312, do 27 e 29 de novembro).

|
arriba
|

Disposicións transitorias

|

Disposicións transitorias Primeira

Queda exceptuada das limitacións establecidas no artigo 101 o alleamento pola Xunta de Galicia das accións, participacións, cotas ou calquera clase de título representativo de participación de capital social nas empresas ás que fai referencia o Decreto 123/1983, do 27 de xullo, sobre fomento do emprego (169).

(169) DOG nº 124, do 10 de setembro de 1983. Modificado polo D. 220/1989, do 5 de outubro (DOG nº 209, do 31 de outubro).

Disposicións transitorias Segunda

Ata que a Universidade de Santiago de Compostela non asuma a titularidade dos bens transferidos polo Estado, afectos ó cumprimento dos fins daquela, a Xunta de Galicia exercerá sobre eles as facultades previstas neste Regulamento que sexan imprescindibles para asegurar aquela asunción.

Disposicións transitorias Terceira

A atribución de competencias realizada neste Regulamento entenderase sen prexuício das que na actualidade ten conferidas a Consellería de Presidencia e Administración Pública no Decreto 99/1988, do 21 de abril (170).

(170) Véxase nota á disposición adicional segunda.

|
arriba
|

Disposición derradeira

Autorízase á Consellería de Economía e Facenda para dicta-las disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento do presente regulamento (171).

(171) Véxanse a O. do 17 de xullo de 1989 pola que se nomea o órgano para a emisión do informe ó que se refire a disposición adicional décimoquinta da Lei 13/1988 (DOG nº 151, do 8 de agosto), a Res. do 3 de xaneiro de 1990 da D.X. do Patrimonio da CA pola que se establecen normas sobre o cerramento e conseguinte formación do inventario xeral, con data do 31 de decembro do pasado ano 1989, e se establece o procedemento para a súa actualización permanente (DOG nº 10, do 15 de xaneiro), e a Res. do 5 de febreiro de 1992 da Secretaría Xeral e do Patrimonio sobre habilitación de facultativos para a asistencia ás recepcións provisionais de obras para os efectos da actualización do inventario de bens inmobles da CA (DOG nº 35, do 20 de febreiro).

|
arriba
|

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas tódalas normas que se opoñan á presente.

volver: Sumario - Título I |
Título II |
Título III

A CONSELLERÍA
Bienvenida del Conselleiro
Organigrama
Contratación (Ley Transp)
OFICINAS VIRTUALES
ÁREAS
Secretaría General y del Patrimonio
Tributos
Presupuestos
Intervención General
Planificación Económica y Fondos Comunitarios
Política Financiera y Seguros
ARCHIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Noticias
Imágenes
Multimedia
ORGANISMOS
Web del CIXTEC
Web del IGE
Web del IGAPE
Web del CES-GALICIA
Web del TGDC