TÍTULO TERCEIRO.
Protección e defensa
|
CAPÍTULO PRIMEIRO.
Ámbito e medios
|
Artigo 149
- A protección fronte a terceiros dos bens demaniais e
patrimoniais da Comunidade Autónoma comprende o inventario,
a inscrición nos rexistros e o deslindamento dos mesmos
para a súa identificación (131).
- A Comunidade Autónoma, para a defensa e tutela do seu
patrimonio, terá capacidade para exercita-las accións
e recursos que procedan, así como para o seguro dos bens
que o integran, de conformidade co disposto nas leis (132)
e no presente Regulamento (133).
(131) Sobre o inventario e a inscrición,
arts. 150 a 168 deste regulamento.
Para o deslindamento, arts. 170 a 181
do mesmo.
(132) Véxase a Lei 50/1980,
do 8 de outubro, de contrato de seguro (BOE
nº 250, do 17 de outubro), modificada pola Lei 21/1990, do
19 de decembro, de adaptación do Dereito español á
Directiva 88/357/CEE, sobre liberdade de servicios en seguros distintos
ó de vida e actualización da lexislación de
seguros (BOE
nº 304, do 20 de decembro), pola Lei 9/1992, do 30 de abril,
reguladora da actividade de mediación (BOE
nº 106, do 2 de maio), pola Lei 30/1995, do 8 de novembro,
de ordenación e supervisión dos seguros privados (BOE
nº 268, 9 de novembro) e pola Lei 18/1997, do 13 de maio, de
modificación do artigo 8 da Lei de contrato de seguro (BOE
nº 115, do 14 de maio).
Pode terse en conta, así mesmo, o RD
2.486/1998, do 20 de novembro, polo que se aproba o Rto.
de ordenación e supervisión dos seguros privados (BOE
nº 282, do 25 de novembro).
(133) Art.
169 deste regulamento.
CAPÍTULO SEGUNDO.
Inventario, inscrición e seguro
Sección 1ª. Inventario
Artigo 150
A Consellería de Economía e Facenda, a través
da Dirección Xeral do Patrimonio, deberá
leva-lo Inventario Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma,
que comprenderá:
- Os bens inmobles (134)
da Comunidade Autónoma, calquera que sexa a súa
natureza, demanial ou patrimonial, e a forma da súa adquisición.
- Os dereitos patrimoniais.
- Os bens mobles (135) de
carácter histórico-artístico ou de apreciable
valor económico.
- Os títulos-valores.
- Os bens e dereitos atribuídos a organismos autónomos
ou entidades públicas, dependentes da Comunidade Autónoma
de Galicia coa única excepción dos que se adquiran
para garanti-la rendabilidade das reservas legais que teñan
que se constituír co propósito (136)
de devolvelos ó tráfico xurídico patrimonial
de acordo cos seus fins patrimoniais.
- Os bens mobles non comprendidos nos apartados anteriores (art.
78 Lei).
(134) Art.
334 do CC .
(135) Arts.
335 a 337 do CC .
(136) Erro non corrixido. Debe entenderse
"ou co propósito", de acordo co art.
78 da lei.
Artigo 151
O inventario dos bens e dereitos ó que se refire o artigo
anterior elaborarase nas seguintes relacións separadas:
- Inmobles.
- Dereitos reais e arrendamentos.
- Mobles de carácter histórico-artístico
ou de apreciable valor económico.
- Títulos-valores.
- Mobles non comprendidos noutros epígrafes.
- Semoventes.
- Vehículos.
- Concesións administrativas, tanto se a Administración
autonómica é concedente como se é concesionaria.
- Bens e dereitos suxeitos a condicionamentos (137).
(137) Cada unha das relacións
sinaladas neste precepto teñen a súa regulación
específica nos arts. 154 a 162
deste regulamento.
Artigo 152
- A formación e actualización (138)
do Inventario Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma
é competencia da Dirección Xeral do Patrimonio.
- Para estes efectos, as diferentes Consellerías, entes
públicos autonómicos e órganos estatutarios
remitirán á citada Dirección Xeral o inventario
de bens mobles e semoventes que lles resulten adscritos, sen prexuício
de que a dita Dirección Xeral poida establece-las normas
de coordenación e normalización que considere oportunas
para a realización do dito Inventario (139),
así como realizalos por si ou demandando a colaboración
necesaria das Consellerías, entes públicos autonómicos
e órganos estatutarios.
Con carácter xeral, as Consellerías, entes públicos
autonómicos e órganos estatutarios facilitarán
á Dirección Xeral do Patrimonio tódolos
datos e antecedentes que reclame este centro directivo para a formación
e posta ó día do Inventario Xeral (140).
Co mesmo fin os citados órganos e entes deberán remitir
á Dirección Xeral do Patrimonio unha
copia da acta de recepción das obras públicas contratadas,
así como facilitar cantos datos e características
das mesmas sexan requeridas polo citado centro directivo.
(138) Véxase a disposición
adicional 8ª deste regulamento.
(139) Véxase a Res.
do 3 de xaneiro de 1990 da D.X.
do Patrimonio pola que se establecen normas sobre o cerramento e
conseguinte formación do inventario xeral, con data do 31
de decembro do pasado ano 1989, e se establece o procedemento para
a súa actualización permanente (DOG
nº 10, do 15 de xaneiro), e a Res.
do 5 de febreiro de 1992 da Secretaría Xeral Técnica
e do Patrimonio sobre habilitación de facultativos para a
asistencia ás recepcións provisionais de obras, para
os efectos da actualización do inventario de bens inmobles
da CA (DOG
nº 35, do 20 de febreiro). Complementariamente, para a formación
do inventario véxase tamén a Res.
da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma do 6
de xuño de 1986, pola que se aproban os modelos normalizados
para a solicitude de representante dese centro nos actos de recepción
provisionais únicos e definitivos (DOG
nº 118, do 19 de xuño).
(140) Como exemplo de colaboración
na formación do inventario xeral, véxase o art.
16 do D. 70/1997, do 14 de marzo,
polo que se establece a estructura orgánica do Instituto
Galego da Vivenda e Solo (DOG
nº 68, do 10 de abril), modificado polo D.
258/1999, do 17 de setembro (DOG
nº 190, do 30 de setembro).
Artigo 153
- O labor de inventario comprende o de valoración dos bens
e dereitos inventariados.
A valoración será realizada polos técnicos
con titulación suficiente designados pola Dirección
Xeral do Patrimonio, que, para iso, poderá solicita-la
colaboración dos correspondentes servicios técnicos
da Administración da Comunidade Autónoma (141).
Cada valoración expresará os criterios ou técnicas
de taxación seguidas e o valor resultante non poderá
exceder en ningún caso do valor do mercado.
- Os valores fixados serán obxecto de actualización
periódica e, en todo caso, cada tres anos ou antes, se
mediasen circunstancias excepcionais que deixasen aqueles notablemente
desfasados.
(141) Véxase a disposición
adicional 7ª deste regulamento.
Artigo 154
- O inventario de bens inmobles comprenderá a máis
completa descrición posible das circunstancias físicas
e xurídicas dos mesmos, de modo que permita a súa
perfecta identificación e a consideración das súas
posibilidades de uso ou servicio.
- Particularmente, expresará polo menos as seguintes circunstancias:
- Nome ou denominación do inmoble, se o tivese.
- Situación, lindeiros, superficie e estado de conservación.
- Título de adquisición, precisando se se trata
de inmobles adquiridos pola propia Comunidade Autónoma
ou procedentes de transferencias do Estado.
- Natureza do ben patrimonial ou de dominio público,
precisando neste caso a Consellería ou ente público
ou órgano estatutario a que estea adscrito.
- Inscrición no Rexistro da Propiedade, se fose inscribible.
- Determinacións urbanísticas que lle afecten.
- Dereitos reais ou persoais que lle afecten.
- Valor actual e custo de mantemento.
- Froitos e rendas que produza.
Artigo 155
O inventario de dereitos reais e arrendamentos comprenderá
as seguintes
circunstancias:
- Natureza do dereito.
- Inmoble sobre o cal recaia.
- Órgano ou ente que o utiliza.
- Contido do dereito.
- Título de adquisición.
- Inscrición no Rexistro da Propiedade.
- Custo da adquisición, se é o caso, ou precio do
arrendamento.
- Valor actual.
- Froitos e rendas que produza.
Artigo 156
O inventario de bens mobles de carácter histórico-artístico
(142) ou de apreciable valor
económico expresará os seguintes aspectos:
- Descrición de forma que permita a súa identificación.
- Acreditación do seu valor histórico-artístico.
- Ubicación e órgano ou ente responsable da súa
custodia.
(142) Téñase en conta
a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia
(DOG nº
214, do 8 de novembro).
Artigo 157
O inventario de títulos-valores conterá tódalas
circunstancias xurídicomercantís, económicas
e de rendabilidade que permitan a súa perfecta identificación
e valoración.
Necesariamente precisará o número dos títulos,
a súa clase, serie e numeración, o seu valor nominal
e efectivo.
Artigo 158
O inventario de bens mobles non comprendidos nos artigos anteriores
farase describíndoos da forma máis completa posible
para efectos da súa identificación, individualización
e valoración.
Artigo 159
O inventario de bens semoventes consignará, con referencia
a cada unha das fincas nas que estean estabulados, os datos referentes
a:
- Especie, marca ou raza.
- Número de cabezas.
- Valoración.
Artigo 160
No inventario de vehículos faranse consta-las características
identificativas, data e custos de adquisición, quilometraxe,
estado de conservación e valor actual de cada un dos vehículos
que compoñen o parque móbil da Comunidade Autónoma
(143).
(143) Véxanse o D.
327/1994, do 3 de novembro, polo que se regula o parque móbil
da Xunta de Galicia (DOG
nº 214, do 7 de novembro. C. de e. no DOG
nº 217, do 10 de novembro), e a O.
do 23 de novembro de 1994 pola que se desenvolve o decreto citado
(DOG nº
227, do 24 de novembro).
Artigo 161
O inventario das concesións administrativas comprenderá
un resumen sucinto de tódolos extremos das concesións
nas que sexa parte concedente ou concesionaria a Comunidade Autónoma.
Artigo 162
O inventario de bens ou dereitos suxeitos a condicionamentos ten
por obxecto facilitar á Administración da Comunidade
Autónoma o coñecemento destes e o oportuno exercicio,
se é o caso, das facultades ou accións que lle correspondan,
polo cal aqueles constarán con precisión das circunstancias
identificativas necesarias para tal efecto.
Artigo 163
De acordo coas normas anteriores, poderán formarse inventarios
separados dos bens e dereitos que correspondan ás Consellerías,
órganos estatutarios, entes públicos dependentes da
Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 164
- O inventario xeral será obxecto de actualización
continuada, pero a súa comprobación para os efectos
da súa aprobación farase cada ano.
- Para tal efecto, no primeiro trimestre de cada ano, a Dirección
Xeral do Patrimonio elaborará unha memoria detallada
das altas e baixas, reflexadas no Inventario Xeral do Patrimonio
da Comunidade Autónoma durante o ano anterior, así
como das actualizacións de valor que, se é o caso,
se verificasen.
- Para facilita-la información desta memoria as Secretarías
Xerais Técnicas (144)
das distintas Consellerías e os presidentes e directores
dos órganos estatutarios e entes públicos facilitarán
á Dirección Xeral do Patrimonio dentro
do mes de xaneiro de cada ano a relación actualizada dos
bens mobles a que se refiren os artigos deste Regulamento, así
como a dos semoventes e vehículos.
(144) A referencia ás Secretarías
Xerais Técnicas debe entenderse referida ás actuais
Secretarías Xerais, de acordo coa disposición adicional
primeira do D. 291/1993, do 11
de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos
da Xunta de Galicia.
Artigo 165
O Inventario Xeral, pechado o 31 de decembro do ano anterior en
unión da memoria á que se refire o artigo anterior,
será autorizado polo Director Xeral do Patrimonio e elevado
á aprobación do Conselleiro de Economía e Facenda.
O acordo de aprobación será publicado no Diario Oficial
de Galicia e anunciará a exposición ó público
do inventario durante quince días.
Artigo 166
O Servicio de Inventario estará asistido polo de Contabilidade
Patrimonial, que dependerá funcionalmente da Intervención
Xeral da Xunta (art. 78.2 Lei).
|
|
Sección 2ª. Inscrición de bens
e dereitos
Artigo 167
- Será obrigatoria para a Comunidade Autónoma a
inscrición ou anotación dos bens e dereitos da súa
pertenza no Rexistro da Propiedade ou en calquera outro Rexistro
de carácter público.
- Están exceptuados da inscrición ou anotación
rexistral os bens demaniais de uso público e todos aqueles
dos que a condición demanial se manifesta de forma ostensible
ou aparente (145).
- A Dirección Xeral do Patrimonio será
a encargada de promove-la inscrición ou anotación
dos bens no Rexistro competente (art.
79 Lei).
(145) Arts.
5 e 6 do Rto. hipotecario, aprobado
polo D. do 14 de febreiro de
1947 (BOE
nº 106, do 16 de abril).
Artigo 168
- A inscrición ou anotación e, se é o caso,
a inmatriculación dos bens e dereitos da Comunidade Autónoma
realizarase con relación ó disposto na Lei Hipotecaria
e no seu Regulamento para os bens e dereitos do Estado (146).
- Para a inscrición no Rexistro da Propiedade do traspaso
de bens inmobles do Estado á Comunidade Autónoma,
terase en conta o establecido na disposición transitoria
cuarta, 3 do Estatuto de Autonomía de Galicia.
- Os honorarios dos rexistradores pola inmatriculación,
inscrición ou anotación de bens e dereitos da Comunidade
Autónoma, observarán a reducción que corresponda
de acordo co establecido no artigo 50 do Estatuto de Autonomía
para Galicia.
(146) Véxanse os arts.
2 e 206 da Lei hipotecaria do 8 de febreiro de 1946 (BOE
nº 58, do 27 de febreiro) e os arts.
4, 5, 17 a 30, 32 e 303 a 307 do seu regulamento, aprobado polo
D. do 14 de febreiro de 1947
(BOE
nº 106, do 16 de abril).
|
|
Sección 3ª. Seguro de determinados
bens (147)
(147) Véxase a Lei 50/1980,
de contrato de seguro (BOE
nº 250, do 17 de outubro), modificada pola Lei 21/1990, do
19 de decembro, de adaptación do Dereito español á
Directiva 88/357/CEE, sobre liberdade de servicios en seguros distintos
ó de vida e actualización da lexislación de
seguros (BOE
nº 304, do 20 de decembro), pola Lei 9/1992, do 30 de abril,
reguladora da actividade de mediación (BOE
nº 106, do 2 de maio), pola Lei 30/1995, do 8 de novembro,
de ordenación e supervisión dos seguros privados (BOE
nº 268, 9 de novembro) e pola Lei 18/1997, do 13 de maio, de
modificación do artigo 8 da Lei de contrato de seguro (BOE
nº 115, do 14 de maio).
Así mesmo, pode terse en conta o RD
2.486/1998, do 20 de novembro, polo que se aproba o Rto.
de ordenación e supervisión dos seguros privados (BOE
nº 282, do 25 de novembro).
Artigo 169
- Os bens inmobles e os bens mobles de carácter histórico-artístico
ou de considerable valor económico poderanse asegurar mediante
a oportuna póliza.
- Correspóndelle acorda-la subscrición da póliza
á Consellería de Economía e Facenda a proposta
da Consellería interesada ou da Dirección
Xeral do Patrimonio (148),
logo de expediente tramitado polo centro directivo no que se acredite
a conveniencia do seguro.
- A subscrición da póliza farase coa compañía
de seguros que ofreza mellores condicións, polo cal se
deberá promover concorrencia pública de ofertas
(149).
(148) Véxase o art.
4.2.2.4 do D. 13/1997, do 23
de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da
Cª de Economía e Facenda ( DOG
nº 22, do 3 de febreiro).
(149) Son aplicables as normas contidas
para o contrato de servicios nos arts.
197 e ss. da LCAP
.
|
|
CAPÍTULO TERCEIRO.
Deslindamento
|
Artigo 170
A Xunta de Galicia poderá proceder ó deslindamento
dos bens do seu patrimonio, tanto demaniais como patrimoniais, mediante
procedemento administrativo no que se oia ós afectados por
este. O deslindamento acordarao de oficio a Dirección
Xeral do Patrimonio ou a instancia dos propietarios das fincas
estremiras (150) ou titulares
de dereitos reais sobre as mesmas (art.
72.1 Lei).
(150) Debe entenderse "estremeiras".
Artigo 171
- Mentres estea en trámite o procedemento administrativo
de deslindamento, non poderá instarse procedemento xudicial
con igual pretensión nin se admitirán interdictos
sobre o estado posesorio das fincas da Comunidade Autónoma
obxecto daquel (151).
- Do acto que inicie o procedemento darase traslado ó Rexistro
da Propiedade co fin de que, se a finca estivese inscrita, se
practique anotación marxinal ó asentamento de inscrición
da mesma e, se é o caso, das fincas estremeiras afectadas
ou, en defecto de inmatriculación, se extenda anotación
de suspensión (art. 73 Lei).
(151) Arts.
2.061 a 2.070 e 1.633 a 1.662 da Lei de axuizamento civil, promulgada
polo R.D. do 3 de febreiro
de 1881 (Gacetas nº 36 a 53, do 5 ó 22 de febreiro).Téñanse
en conta tamén os arts. 249.2,
250.4 e 251.3ª.6º da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento
civil (BOE
nº 7, do 8 de xaneiro), que entrará en vigor ó
ano da súa publicación.
Artigo 172
O expediente iniciarase por acordo do Director Xeral do Patrimonio,
que ordenará a confección dunha memoria comprensiva
de, polo menos, os seguintes extremos:
- Motivación do deslindamento que se propón.
- Descrición da finca ou fincas ás que afecta, precisando
a súa superficie, lindeiros e demais circunstancias que
os identifiquen.
- Títulos de propiedade e, se é o caso, certificación
acreditativa da súa inscrición no Rexistro da Propiedade,
e información de tódolos incidentes habidos sobre
propiedade, posesión e disfrute.
Artigo 173
- Se da devandita memoria resulta a conveniencia do deslindamento,
o Director Xeral do Patrimonio acordará a súa práctica,
e notificarao ós propietarios das fincas estremeiras, así
como ós titulares doutros dereitos reais constituídos
sobre as mesmas, se uns e outros tivesen domicilio coñecido.
- Sen prexuício de tales notificacións o deslindamento
anunciarase no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios
do Concello no que radiquen as fincas afectadas, con polo menos
dous meses de antelación á data na que teña
que dar comenzo.
- A notificación e os anuncios ós que se refiren
os apartados anteriores precisarán a finca ou fincas obxecto
de deslindamento e o lugar, día e hora no que se dará
comenzo á súa práctica. Igualmente advertirán
que os interesados poderán presentar tódalas alegacións
e documentos que consideren conducentes á proba e defensa
dos seus dereitos ata vinte días antes do comenzo das operacións.
Transcorrido este prazo, non se admitirá ningún
documento nin alegación.
Artigo 174
A documentación incorporada ó expediente será
remitida á Asesoría Xurídica da Consellería
para que califique a validez e eficacia xurídica dos títulos
presentados co obxecto de acredita-lo dominio ou posesión
das fincas ás que se refiran, e, á vista deste informe,
a Dirección Xeral do Patrimonio resolverá
o que considere pertinente antes do día no que deba iniciarse
a práctica do deslindamento.
Artigo 175
- No día e hora sinalados dará comenzo a práctica
do deslindamento, á que asistirán: un técnico
con título facultativo adecuado e un representante da Dirección
Xeral do Patrimonio, ámbolos dous designados polo
Director Xeral, e os prácticos que sexan necesarios. Poderá
tamén asistir un técnico nomeado polos interesados.
- O acto consistirá en fixar con precisión os límites
da finca e expedi-la correspondente acta.
- Nesta acta faranse consta-las seguintes circunstancias:
- Día, lugar e hora do inicio da operación.
- Nome, apelidos e representación dos concurrentes.
- Descrición do terreo, traballos realizados e instrumentos
utilizados.
- Dirección e distancias ou lonxitudes das liñas
perimetrais.
- Situación, cabida aproximada da finca e denominacións
especiais, se as tivese.
- Manifestacións ou observacións que se formulen,
pero sen que caiba a aportación de documentos por parte
dos interesados.
- Hora de finalización do deslindamento e sinatura
dos asistentes.
- Se non se puidese remata-lo apeo nunha soa xornada proseguirán
as operacións durante as sucesivas, e noutras que se conviñesen
sen necesidade de nova citación, e por cada unha delas
expedirase a correspondente acta. Se ó rematar unha xornada
non se conviñese a data na que proseguirán as actuacións,
practicarase nova citación en forma ós interesados.
- Concluída a práctica do deslindamento incorporarase
ó expediente a acta ou actas levantadas e un plano topográfico
a escala da finca obxecto daquel.
Artigo 176
Dentro dos dez días seguintes á conclusión
do procedemento a Dirección Xeral do Patrimonio
propoñerá ó Conselleiro de Economía
e Facenda a Orde aprobatoria do deslindamento.
Artigo 177
A resolución definitiva do deslindamento non poderá
efectuar declaracións de dominio ou decidir cuestións
de carácter civil, limitándose a definir un estado
posesorio de feito que se presume integrado nunha titularidade preexistente
(art. 72.2 Lei).
Artigo 178
A Orde resolutoria do deslindamento, que se notificará a
tódolos interesados e se publicará no Diario Oficial
de Galicia, será executiva e poderá ser impugnada
en vía contencioso-administrativa, sen prexuício das
accións que correspondan perante a xurisdicción ordinaria
(art. 74 Lei).
Artigo 179
Firme a resolución aprobatoria do deslindamento, procederase
á demarcación, con intervención dos interesados.
Para este efecto sinalarase día para a súa práctica,
que será notificada ós mesmos e publicada no «Diario
Oficial de Galicia» polo menos con dez días de antelación
(art. 75 Lei).
Artigo 180
O deslindamento administrativo será obxecto de inscrición
no Rexistro da Propiedade (152).
Para iso, en defecto de inmatriculación da finca procederase
á previa inscrición do título adquisitivo desta
ou, a falta deste, da certificación librada consonte co disposto
no artigo 206 da Lei Hipotecaria (art.
76 Lei).
(152) Art.
12.2 do Rto. hipotecario,aprobado
polo D. do 14 de febreiro de
1947 (BOE
nº 106, do 16 de abril).
Artigo 181
Se o deslindamento se acordase a instancia de parte, os interesados
deberán responsabilizarse no expediente dos gastos que orixinase.
|
|
CAPÍTULO CUARTO.
Protección posesoria e investigación
Sección 1ª. Recuperación da
posesión
Artigo 182
- A Administración da Xunta de Galicia poderá recuperar
por si mesma, en calquera momento, a posesión dos seus
bens de dominio público.
- Igualmente poderá recupera-la posesión indebidamente
perdida sobre os bens e dereitos patrimoniais no prazo de un ano,
contado a partir do día seguinte de producirse a usurpación
(153). Transcorrido este
tempo deberá acudir perante a xurisdicción ordinaria
exercitando as accións correspondentes.
Non se admitirán interdictos contra a Administración
da Xunta nesta materia, sempre que aquela se axustase ó procedemento
legalmente establecido (154)
(art. 69 Lei).
(153) Art.
460.4º do CC
.
(154) Art.
101 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico
das Administracións públicas e do procedemento administrativo
común (BOE
nº 285, do 27 de novembro).
Artigo 183
- A recuperación da posesión incoarase de oficio
ou en virtude de denuncia verbal ou escrita, que dará lugar
á instrucción do correspondente expediente por parte
da Dirección Xeral do Patrimonio.
- Comprobados os feitos que acrediten a usurpación, e sempre
que non transcorrese un ano desde aquela, a Dirección
Xeral do Patrimonio fará que o usurpador cese na
súa actuación. No suposto de resistencia activa
ou pasiva, actuarase de acordo co establecido na Lei de Procedemento
Administrativo (155).
- Se transcorrese máis de un ano, a Dirección
Xeral do Patrimonio instará o exercicio das accións
que procedesen en conformidade co disposto no artigo 135.2 (156)
deste Regulamento.
- En todo caso, se do feito ou feitos que acrediten a usurpación
se suscitasen indicios racionais de delito ou falta penal, darase
conta dos mesmos á autoridade xudicial, sen prexuício
de adopta-las medidas ás que se refiren os outros apartados
deste artigo (art. 71 Lei).
(155) Esta referencia legal debe
entenderse feita ós artigos 93 e ss.
da vixente Lei 30/1992, sinalada en nota ó art.
anterior.
(156) Esta remisión normativa
debe entenderse feita ó artigo 182.2, de acordo co previsto
no artigo 71 da lei.
|
|
Sección 2ª. Investigación e
inspección
Artigo 184
A Administración da Comunidade ten a facultade de investigar
e inspecciona-la situación dos bens e dereitos que se presuman
do seu dominio privado, co fin de determinar e probar, cando non
lle conste, a propiedade da Comunidade Autónoma sobre uns
e outros (art. 70 Lei).
Artigo 185
O exercicio da acción investigadora poderá acordalo
a Dirección Xeral do Patrimonio de oficio ou
a instancia de particulares, podendo neste caso rexeitala se a considerase
manifestamente infundada.
Artigo 186
- Acordada a iniciación do expediente de investigación,
dispoñerase a publicación no Diario Oficial de Galicia
dun extracto do expediente onde figuren as características
que permitan identifica-lo ben ou dereito investigado.
- Un exemplar do mencionado Diario remitirase ó Concello
correspondente para a súa exposición ó público
no taboleiro de anuncios da devandita Corporación durante
un prazo de 15 días.
- Durante o prazo de un mes, contado desde o día seguinte
ó que expirase o de publicación de anuncios, poderán
as persoas afectadas polo expediente de investigación alegar
por escrito o que consideren conveniente ó seu dereito,
podendo aporta-los datos, antecedentes ou documentos que consideren
pertinentes.
- Transcorrido o termo sinalado no apartado anterior, a Dirección
Xeral do Patrimonio determinará a proba que, se
é o caso, deba practicarse atendendo ó obxecto da
investigación e tendo en conta o xa alegado e dilixenciado.
- Completado o expediente, poñerase de manifesto por termo
de 10 días ás persoas ás que afecte a investigación
e comparecesen nel, para que dentro do devandito prazo aleguen
o que consideren conveniente ó seu dereito.
- A resolución do expediente de investigación correspóndelle
á Dirección Xeral do Patrimonio e contra
ela caberá recurso de alzada (157)
perante o Conselleiro de Economía e Facenda, que coa súa
resolución esgota a vía administrativa.
(157) Véxanse os arts.
114 e 115 da Lei 30/1992, citada en nota ó art.
182.2 deste regulamento, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro
(BOE
nº 12, do 14 de xaneiro. C. de e. no BOE
nº 16, do 19 de xaneiro).
Artigo 187
- Ás persoas que promovan a acción investigadora
recoñeceráselle-lo dereito a percibir en concepto
de premio o 10 por 100 da cantidade líquida que se obteña
na venda dos bens investigados.
- Se por calquera causa a finca investigada non fose vendida pola
Comunidade Autónoma no prazo de cinco anos contados desde
a conclusión do expediente, o premio previsto no apartado
anterior será substituído, a vontade de quen tivese
dereito ó mesmo, polo importe do 10 por 100 do valor de
taxación da finca que conste no expediente.
Artigo 188
O coñecemento das cuestións de natureza civil que
se susciten con ocasión da investigación practicada
corresponderá á xurisdicción ordinaria.
|
|
Sección 3ª. Embargos e execucións
contra bens e dereitos da Comunidade Autónoma
Artigo 189
Ningún tribunal poderá dictar providencia de embargo
nin despachar mandamento de execución contra os bens e dereitos
do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia nin contra
as rendas, froitos ou productos do mesmo, debéndose ter en
conta, a este respecto, o disposto na Lei de xestión económica
e financeira pública de Galicia (158)
(art. 77 Lei).
(158) Esta referencia legal debe
entenderse feita ó TRLRFO
, en concreto, ó seu art. 25.
|
|
CAPÍTULO QUINTO.
Responsabilidades e sancións
|
Artigo 190
Toda persoa, natural ou xurídica, que teña ó
seu cargo a xestión dos bens e dereitos ós que se
refire esta Lei, estará obrigada a velar pola súa
custodia, conservación e, se é o caso, explotación
racional, debendo responder perante a Administración da Comunidade
Autónoma dos danos e prexuícios sobrevidos pola súa
perda ou deterioración cando concorrese fraude ou neglixencia
(159) (art.
80 Lei).
(159) Véxanse os arts.
122 e ss. do TRLRFO
.
Artigo 191
- Toda a persoa que por dolo ou neglixencia cause dano en bens
demaniais da Comunidade Autónoma ou realice sobre eles
actos de usurpación, será sancionada en vía
administrativa con multa do tanto a duplo do prexuício
ocasionado, con independencia da reparación do dano ou
da restitución, se é o caso (art.
81 Lei).
- A contía da multa graduarase atendendo en cada caso concreto
á gravidade do dano ou perxuício causado, ó
grao de culpa concorrente e, se é o caso, á comisión
repetida de feitos similares.
Artigo 192
A determinación do importe dos danos, a imposición
das sancións e a esixencia de responsabilidades acordaranse
e executaranse en vía administrativa logo da tramitación
do correspondente expediente con audiencia do interesado (160).
(160) Véxanse os arts.
127 e ss. da Lei 30/1992, do 26 de
novembro, de réxime xurídico das Administracións
públicas e do procedemento administrativo común (BOE
nº 285, do 27 de novembro), modificados pola Lei 4/1999, do
13 de xaneiro (BOE
nº 12, do 14 de xaneiro. C. de e. no BOE
nº 16, do 19 de xaneiro), e o Rto.
do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado
polo R.D. 1.398/1993, do
4 de agosto (BOE
nº 189, do 9 de agosto).
Artigo 193
- Cando os feitos ós que se refire o artigo 191 puidesen
constituír delito ou falta (161),
a Xunta de Galicia poñerao en coñecemento da xurisdicción
penal, deixando en suspenso a tramitación do procedemento
administrativo ata que se acorde o sobresemento da causa ou se
dicte sentencia firme (art. 82 Lei).
- Se a autoridade xudicial considera que non existiu infracción
penal, a Administración continuará a tramitación
do expediente administrativo con base nos feitos que os tribunais
considerasen probados.
(161) Véxanse os arts.
234 e ss. e 623 e ss.
do Código Penal, aprobado pola Lei Orgánica 10/1995,
do 23 de novembro (BOE
nº 281, do 24 de novembro).