TÍTULO VI.
Das responsabilidades
Artigo 122º.- Suxeitos responsables.
- As autoridades, os funcionarios e os empregados (194)
da Comunidade Autónoma en calquera dos seus servicios,
organismos autónomos, entes públicos ou sociedades
públicas que, por dolo, culpa ou neglixencia adopten
resolucións, executen accións ou incorran en omisións
con infracción das disposicións desta lei, estarán
obrigados a indemnizar á Facenda da Comunidade polos
danos e perdas que sexan consecuencia daqueles, con independencia
da responsabilidade penal (195)
ou disciplinaria (196)
que lles poida corresponder.
- Estarán suxeitos á obriga de indemnizar á
Facenda da Comunidade, ademais das autoridades, dos funcionarios
e dos empregados ós que se fai referencia no número
1 anterior, os interventores, tesoureiros e ordenadores de pagamentos
que, con dolo, culpa, neglixencia ou ignorancia inescusable,
non salvasen a súa actuación no correspondente
expediente mediante observación escrita acerca da improcedencia
ou ilegalidade do acto ou resolución.
Iso deixando a salvo o disposto no artigo 76º.3, da presente
lei.
- A responsabilidade de quen participe na resolución
ou no acto será mancomunada, excepto cando concorra dolo,
no que será solidaria.
(194) Téñanse en conta os
artigos 145 e 146 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime
xurídico das Administracións Públicas e do
procedemento administrativo común (B.O.E.
nº 285, do 27 de novembro. Corrección de erros no
B.O.E.
nº 311, do 28 de decembro de 1992, e nº 23, do 27 de
xaneiro de 1993), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro
(B.O.E.
nº 12, do 14 de xaneiro).
(195) Artigos 404 a 445 do Código
Penal, aprobado pola Lei Orgánica 10/1995, do 23 de novembro
(B.O.E.
nº 281, do 24 de novembro). Téñanse en conta
as modificacións introducidas nestes preceptos pola Lei
orgánica 15/2003, do 25 de novembro (B.O.E.
nº 283, do 26 de novembro).
(196) Téñase en conta o
Decreto 94/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento
de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración
da Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G.
nº 58, do 25 de marzo), modificado polo Decreto 157/2004,
do 7 de xullo (D.O.G.
nº 139, do 20 de xullo).
Artigo 123º.- Tipificación
das infraccións.
Constitúen infraccións que dan orixe á obriga
de indemnizar segundo determina o artigo anterior:
- Incorrer no alcance ou malversación na administración
de fondos da Comunidade.
- Administra-los recursos e demais dereitos da Facenda da Comunidade
incumprindo as normas reguladoras da súa xestión,
liquidación, inspección, recadación ou
ingreso nas caixas da Tesourería.
- Comprometer gastos e ordenar pagamentos sen crédito
suficiente ou infrinxindo doutro modo as disposicións
legais aplicables á execución e xestión
dos orzamentos e das operacións de Tesourería.
- Dar lugar a pagamentos indebidos ó liquida-las obrigas
ou ó expedir documentos en virtude das funcións
que se teñan encomendadas.
- Non render contas regulamentarias esixidas ou presentadas
con graves defectos.
- Non xustifica-la aplicación dos fondos a que se refire
o artigo 77º desta lei.
- Calquera outro acto ou resolución dictada con infracción
do disposto nesta lei ou da normativa aplicable á xestión
e administración do patrimonio.
Artigo 124º.- Instrucción
e resolución.
- Sen prexuízo das competencias e do coñecemento
dos feitos por parte do Consello de Contas de Galicia e do Tribunal
de Contas, a responsabilidade polos actos, omisións e
resolucións tipificados no artigo anterior será
determinada e esixida mediante expediente administrativo instruído
ó interesado.
- O acordo de incoación, o nomeamento de xuíz
instructor e a resolución do expediente corresponderanlle
á Xunta cando se trate de persoas que, de conformidade
co ordenamento vixente, teñan a condición de autoridade
e ó conselleiro de Economía e Facenda nos demais
casos.
- Na tramitación do expediente daráselles audiencia
ós interesados e a súa resolución conterá
o pronunciamento sobre os danos e perdas causados ós
bens e dereitos da Facenda da Comunidade, impoñéndolles
ós responsables a obriga de indemnizar na contía
e no prazo que se determine.
Artigo 125º.- Execución.
- Os danos e perdas declarados na resolución do expediente
a que se refire o artigo anterior terán a consideración
de dereitos da Facenda da Comunidade, gozarán do réxime
previsto no artigo 19º desta lei e poderá procederse
ó seu cobro, se é o caso, pola vía de constrinximento.
- A Facenda da Comunidade terá dereito a esixi-lo xuro
previsto no artigo 21º desta lei sobre o importe dos alcances,
malversacións, danos e perdas ós seus bens e dereitos,
desde o día no que estes se causasen.
- Cando, a consecuencia da insolvencia dos obrigados que deben
indemnizar, haxa que proceder contra os responsables subsidiarios
declarados como tales no expediente, os xuros a que fai referencia
o punto anterior seranlles esixidos desde a data na que fosen
requiridos para realiza-lo pagamento.
Artigo 126º.- Dilixencias
previas.
Tan pronto como se teña noticia dun alcance, malversación,
dano ou prexuízo á Facenda da Comunidade, ou transcorresen
os prazos sinalados no artigo 77º desta lei sen que se xustificasen
as ordes de pagamento ás que este se refire, os superiores
xerárquicos dos presuntos responsables e os ordenadores
de pagamentos, respectivamente, instruirán as dilixencias
previas oportunas e adoptarán, con igual carácter,
as medidas necesarias para asegura-los dereitos da Facenda da
Comunidade, dándolles conta inmediata ó Consello
de Contas de Galicia, ó conselleiro de Economía
e Facenda e, se é o caso, ó Tribunal de Contas,
para que procedan de acordo coas súas competencias e conforme
os procedementos establecidos.
|
|
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
Primeira. Definición de empresa
pública.
Para os efectos desta lei, a definición que na normativa
autonómica se fai da empresa pública entenderase
referida, no sucesivo, ás sociedades públicas establecidas
nesta (197).
(197) Artigo 12 desta lei.
Segunda. Rendición de contas
ó Parlamento.
A Consellería de Economía e Facenda, dentro dos
primeiros quince días hábiles de cada mes, daralle
conta á Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos
de tódalas modificacións que se realicen de acordo
co previsto nesta lei.
Terceira. Vixencia do artigo 23º,
número 2.
O número 2 do artigo 23º desta lei, na redacción
dada polo artigo 8 da Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas
tributarias, de réxime orzamentario, función pública
e xestión (D.O.G.
do 31. Corrección de erros no D.O.G.
do 12 de febreiro de 1999), terá a vixencia determinada
na disposición derradeira primeira desa lei, sen prexuízo
da que establezan leis futuras (198).
(198) O dito precepto ten vixencia permanente,
segundo a disposición adicional segunda da Lei 8/1999,
do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función
pública e actuación administrativa (D.O.G.
nº 252, do 31 de decembro).
Cuarta. Fundacións do sector
público. (199)
- As entregas dinerarias sen contraprestación que realicen
as fundacións do sector público rexeranse polo
dereito privado, se ben serán aplicables os principios
de xestión contidos nesta lei e os de información
aos que se fai referencia no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17
de novembro, xeral de subvenciones. En todo caso, as achegas
gratuítas que realicen terán relación directa
co obxecto da actividade descrita na norma de creación
ou nos seus estatutos.
- Para os efectos da regra anterior, consideraranse fundacións
do sector público aquelas fundacións nas que se
dea algunha das seguintes circunstancias:
- Que se constitúan cunha achega maioritaria, directa
ou indirecta, das administracións públicas,
dos seus organismos públicos ou demais entidades
do sector público.
- Que o seu patrimonio fundacional, cun carácter
de permanencia, estea formado en máis dun 50% por
bens ou dereitos achegados ou cedidos polas referidas entidades.
(199) Esta disposición foi introducida
polo artigo 14 da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias
e de réxime administrativo (D.O.G.
nº 253, do 30 de decembro).
Ó peche desta edición estase a tramitar un proxecto
de lei de fundacións de interese galego, que foi aprobado
polo Consello da Xunta de Galicia do 29 de decembro de 2004. O
Título IX deste proxecto de lei regula as fundacións
do sector público de Galicia.
|
|
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
Quedan derrogadas as leis que se citan nas táboas adxuntas
e cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan
ó establecido nesta lei.
- En virtude da súa incorporación ó texto
refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario
de Galicia quedan derrogadas as seguintes normas:
- Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro
e presupostario de Galicia (200).
- Disposición adicional terceira da Lei 14/1992,
do 29 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma
de Galicia para 1993 (201).
- Artigos 8º, 23º, 38º, 39º e 40º
da Lei 1/1994, do 30 de marzo, de presupostos xerais da
Comunidade Autónoma de Galicia para 1994 (202).
- Disposicións adicionais novena, décima e
décimo primeira da Lei 11/1995, do 28 de decembro,
de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia
para 1996 (203).
- Artigos 4º e 5º da Lei 2/1998, do 8 de abril,
de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función
pública, patrimonio, organización e xestión
(204).
- Artigos 3, 4, 5, 6 e 8 da Lei 7/1998, do 30 de decembro,
de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función
pública e xestión (205).
- En virtude do establecido na disposición derrogatoria
da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro
e presupostario de Galicia, está derrogada a Lei 30/1984
(206), do 3 de abril, de
xestión económica e financeira pública
de Galicia.
(200) D.O.G.
nº 200, do 14 de outubro de 1992. Corrección de erros
no D.O.G.
nº 220, do 11 de novembro.
(201) D.O.G.
nº 254, do 31 de decembro de 1992.
(202) D.O.G.
nº 63, do 4 de abril de 1994.
(203) D.O.G.
nº 249, do 30 de decembro de 1995.
(204) D.O.G.
nº 68, do 9 de abril de 1998.
(205) D.O.G.
nº 252, do 31 de decembro de 1998.
(206) Erro non corrixido. Debe entenderse
"Lei 3/1984". Publicada no D.O.G.
nº 113, do 13 de xuño de 1984.
|
Volver: Sumario - Título
I
| Título
II
| Título
III
| Título
IV
| Título
V
|