TÍTULO IV.
Da Tesourería
Artigo 87º.- Concepto.
- Constitúen a Tesourería da Comunidade Autónoma
de Galicia tódolos recursos financeiros, sexan diñeiro,
valores, créditos e os demais productos das operacións
de endebedamento da Comunidade e dos seus organismos autónomos
que se xeren tanto por operacións orzamentarias coma
extraorzamentarias.
- As dispoñibilidades da Tesourería e as variacións
que poidan sufrir están suxeitas ó réxime
de intervención e deben ser rexistradas de conformidade
coas normas de contabilidade pública. Poderán
establecerse procedementos especiais de anotación en
conta para aqueles movementos internos de efectivo entre as
distintas contas operativas da Tesourería que determine
o conselleiro de Economía e Facenda.
Artigo 88º.- Funcións.
Son funcións propias da Tesourería:
- A xestión recadatoria dos recursos e o pagamento das
obrigas da Comunidade e dos seus organismos autónomos.
- Instrumentar e servir ó principio de unidade de caixa,
mediante a centralización de tódolos fondos e
valores xerados por operacións orzamentarias e extraorzamentarias.
- Distribuír no tempo e no territorio as dispoñibilidades
diñeirarias para a satisfacción puntual das obrigas
da Comunidade.
- Velar pola obtención da axeitada rendibilidade dos
recursos dispoñibles da Comunidade sen menoscabo dos
fins propios da Tesourería.
- Responder dos avais contraídos pola Comunidade conforme
as disposicións desta lei (157).
- As demais funcións que se deriven ou relacionen coas
anteriores enumeradas.
(157) Artigos 40 a 45 da presente lei.
Artigo 89º.- Situación
dos fondos da Comunidade Autónoma.
- Con carácter xeral a Tesourería da Comunidade
situará os fondos públicos no Banco de España
ou nas entidades de crédito e aforro galegas ou que operen
en Galicia, en contas das que, en todo caso, posuirá
a titularidade.
- A Tesourería da Comunidade poderá instrumentar
todas aquelas operacións activas que considere convenientes
para mante-la adecuada rendibilidade dos fondos ó seu
cargo, guiada en todo caso polo principio de seguridade na súa
colocación.
- O réxime xeral de autorizacións para a situación
e colocación de fondos, a natureza das contas, o control
e a disposición dos fondos e dos servicios de colaboración
que se vaian concertar coas entidades financeiras indicadas
no parágrafo anterior establecerao a Consellería
de Economía e Facenda.
Artigo 90º.- Situación
dos fondos dos organismos autónomos.
- Os fondos dos organismos autónomos situaranse en contas
diferenciadas coa autorización expresa da Consellería
de Economía e Facenda e baixo o control da Tesourería,
utilizando rúbricas que conteñan a denominación
xeral de "Organismos autónomos da Comunidade Autónoma
de Galicia", tendo a consideración, para tódolos
efectos, de fondos da propia Tesourería.
- Os ditos fondos poderán estar situados no Banco de
España ou noutras entidades de crédito e aforro
galegas ou que operen en Galicia, necesitando autorización
expresa da Consellería de Economía e Facenda para
a apertura de cada conta e para a determinación das súas
condicións de funcionamento, logo de solicitude motivada,
que poderá ordena-la súa cancelación ou
suspende-la súa utilización se se comprobase que
non subsisten as condicións que motivaron a autorización
de apertura.
- As entidades financeiras indicadas no punto anterior teñen
para coa Tesourería da Comunidade Autónoma, á
súa solicitude, as mesmas obrigas de información
que para coas consellerías e cos organismos autónomos
titulares das contas abertas nelas.
- A Consellería de Economía e Facenda poderá
propoñerlle ó Consello da Xunta que as operacións
de ingreso e de ordenación e realización material
do pagamento dos organismos autónomos (158)
e dos entes públicos a que fai referencia a alínea
b) do punto 1 do artigo 12º desta lei se realicen pola
Tesourería da Xunta, para o cal se establecerá
o correspondente procedemento.
(158) Téñase presente o
Decreto 302/1992, do 22 de outubro, polo que se establece o procedemento
para a realización das operacións de tesourería
do Servicio Galego de Saúde (D.O.G.
nº 212, do 30 de outubro. Corrección de erros no D.O.G.
nº 218, do 9 de novembro).
Artigo 91º.- Ingresos e medios
de pagamento.
- Os ingresos a favor da Tesourería poderán realizarse
no Banco de España, nas caixas da propia Tesourería
ou nas que se habiliten nos organismos autónomos e nas
entidades colaboradoras daquela (159).
- Os medios de pagamento admisibles polas caixas da Tesourería
poderán consistir en diñeiro de curso legal, cheques
nominativos, xiros, transferencias ou calquera outro medio de
pagamento legalmente establecido. A Consellería de Economía
e Facenda establecerá as condicións que terán
que cumprir e o momento no que en cada caso se producirá
a liberación da débeda.
- A Tesourería poderá darlles cumprimento ás
súas obrigas por calquera dos medios de pagamento a que
se fai referencia no parágrafo anterior.
(159) Véxase o Decreto 243/1992,
do 30 de xullo, polo que se establece o servicio de caixa nas
delegacións territoriais da Consellería de Economía
e Facenda a través de entidades financeiras (D.O.G.
nº 157, do 13 de agosto). Véxase tamén a Orde
da Consellería de Economía e Facenda do 25 de xuño
de 1993 pola que se dictan normas de actuación das entidades
de depósito que prestan servicio de caixa nas delegacións
territoriais da Consellería de Economía e Facenda
(D.O.G. nº
122, do 29 de xuño).
Para unha mellor xestión da Tesourería e unha adecuada
análise do seu funcionamento, deberase elaborar trimestralmente
un cadro de seguimento dos fluxos financeiros derivados da actividade
da Comunidade e dos seus organismos autónomos, no marco
das previsións dun orzamento monetario.
|
Volver: Sumario - Título
I
| Título
II
| Título
III
| Continuar: Título
V
| Título
VI - Disposicións
|