TÍTULO II.
Das operacións de endebedamento (92)
CAPÍTULO I.
Das operacións de endebedamento
(92) A denominación correcta deste
título debería de ser "Das operacións
de endebedamento e das garantías", dado o contido
dos seus dous capítulos.
Artigo 28º.- Endebedamento.
Constitúe o endebedamento público os capitais tomados
a préstamo pola Xunta de Galicia ou polos seus organismos
autónomos. A emisión de débeda pública
ou a concertación doutras operacións de crédito,
a súa administración, conversión ou extinción,
así como a prescrición dos capitais e dos seus xuros,
regularanse polas disposicións desta lei (93).
(93) Artigos 47 e 48 do Estatuto de Autonomía
para Galicia e artigo 14 da Lei Orgánica 8/1980, do 22
de setembro, de financiamento das Comunidades Autónomas
(B.O.E.
nº 236, do 1 de outubro), modificado pola disposición
adicional única da Lei orgánica 5/2001, do 13 de
decembro, complementaria á Lei xeral de estabilidade orzamentaria
(B.O.E.
nº 299, do 14 de decembro). A obriga de adopta-lo euro como
unidade de conta no mercado da débeda pública en
anotacións, imposta pola Lei 46/1998, do 17 de decembro,
de introducción do euro (B.O.E.
nº 302, do 18 de decembro), determinou a aprobación
do Decreto 367/1998, do 23 de decembro, polo que se acorda a redenominación
a euros da débeda pública da Comunidade Autónoma
de Galicia rexistrada na central de anotacións do Banco
de España e se establece o procedemento para levala a cabo
(D.O.G. nº
251, do 30 de decembro).
Artigo 29º.- Denominación
e autorización.
- As operacións de crédito e a emisión
de débeda pública poderanas levar a cabo a Comunidade
ou os seus organismos autónomos, recibindo no primeiro
caso a denominación de «Débeda da Comunidade
Autónoma de Galicia» e no segundo a de «Débeda
dos organismos autónomos».
- O endebedamento, tanto da Comunidade Autónoma coma
dos seus organismos autónomos, terá que ser autorizado
por lei, a cal, sen prexuízo de fixar calquera outra
característica das operacións de endebedamento
por realizar, deberá sinala-lo importe máximo
autorizado (94). A Xunta
de Galicia poderá determinar ó longo do período
de autorización límites inferiores ó dito
importe se así o aconsellasen circunstancias de política
económica.
(94) Sobre esta materia hai previsións
específicas nas leis anuais de orzamentos da Comunidade
Autónoma, que son aplicadas polo Consello da Xunta a través
dos decretos anuais de endebedamento da Comunidade Autónoma
correspondentes a cada exercicio económico.
Artigo 30º.- Destino.
- A débeda e demais operacións de crédito
concertadas pola Comunidade ou polos seus organismos autónomos
por prazo superior a un ano destinaranse exclusivamente ó
financiamento de gastos de capital.
- A contía das anualidades de amortización, incluído
capital e xuros, non poderá exceder do 25% dos ingresos
correntes previstos nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma
en cada ano.
Artigo 31º.- Débeda
de Tesourería.
- No endebedamento que a Comunidade Autónoma leve a cabo
con persoas físicas ou xurídicas para atender
necesidades transitorias de Tesourería, calquera que
sexa a forma como se documente, o prazo de reembolso será
inferior a un ano.
Na lei de orzamentos de cada ano autorizarase o límite
máximo destas operacións para cada exercicio.
- O producto da débeda de Tesourería a que se
refire o número anterior contabilizarase independentemente
nas contas de operacións do Tesouro. Os gastos e xuros
que motive seranlle imputados ó orzamento da Comunidade
antes do peche do exercicio, e á devandita débeda
seralle aplicable, de proceder, o establecido nos artigos 38
e 39 desta lei.
- En todo caso, a partir do momento no que o montante total
anual destas operacións transitorias exceda do 5% do
estado de gastos, deberáselle dar conta trimestralmente
ó Parlamento da evolución daquelas.
Artigo 32º.- Importe máximo.
- Nas autorizacións de endebedamento incluídas
na Lei de orzamentos xerais da Comunidade e noutras leis especiais,
o importe máximo autorizado deberá entenderse,
agás disposición contraria, como variación
neta da posición debedora da Comunidade ou de cada un
dos organismos autónomos ós que a dita autorización
se refira, computada ó remate do período ó
que se estenda a autorización.
- Queda excluído do disposto no parágrafo anterior
a débeda de Tesourería a que se refire o artigo
31º.
Artigo 33º.- Autorización
da emisión ou contracción.
- As emisións de débeda pública ou operacións
de crédito que realicen a Comunidade ou os seus organismos
autónomos terán que ser autorizadas, en todo caso,
polo conselleiro de Economía e Facenda dentro dos límites
sinalados pola lei, ó que lle corresponderá así
mesmo autoriza-las súas características técnicas
e o seu tipo de xuro, se estes non fosen determinados pola súa
lei de creación.
Tales actos de endebedamento, cando este teña un prazo
de vencemento superior a un ano, poderán ser formalizados
dentro do exercicio orzamentario no que a lei autorice a súa
creación ou do exercicio seguinte.
- Cando se trate de conseguir unha mellor administración
da débeda pública emitida ou das operacións
de crédito formalizadas, a Xunta de Galicia, por proposta
do conselleiro de Economía e Facenda, poderá acorda-la
súa conversión ou renegociación, e daralle
conta ó Parlamento de Galicia dentro dos trinta días
seguintes e sempre que non se altere o equilibrio financeiro
daquelas, nin se prexudiquen, se é o caso, os dereitos
económicos dos posuidores.
Artigo 34º.- Contabilización.
Sen prexuízo do disposto no artigo 36, o producto das
emisións continuas de títulos de pagamento ou calquera
outro título emitido pola Comunidade Autónoma con
vencemento igual ou inferior a dezaoito meses, así como
o importe das amortizacións destes, contabilizaranse independentemente
en contas de Tesourería, aplicándose o saldo neto
das ditas operacións, ó remate do exercicio orzamentario,
ó orzamento da Comunidade.
Os gastos por xuros ou de calquera outra natureza derivados da
súa emisión ou amortización aplicaranse ó
orzamento seguindo as normas xerais determinadas nesta lei.
Artigo 35º.- Subscrición
e transmisión.
- A débeda pública poderá estar representada
por títulos-valores ou calquera outro documento que formalmente
a recoñeza.
- Na subscrición e transmisión da débeda
pública negociable só será preceptiva a
intervención de fedatario público cando aquela
estea representada por títulos-valores e así o
dispoña a lexislación aplicable a estes. Non será
preceptiva, en todo caso, para as operacións con títulos
de pagamento ou títulos análogos emitidos pola
Comunidade ou os seus organismos autónomos nos que os
títulos-valores se extingan pola súa transformación
en anotacións en conta.
Artigo 36º.- Aplicación
orzamentaria.
O producto que se obteña da débeda pública
e demais operacións de crédito, así como
a súa amortización e xuros, aplicarase ó
orzamento da Comunidade ou dos seus organismos autónomos
correspondentes, sen prexuízo do disposto no artigo 34º.
Artigo 37º.- Competencia e
atribucións do conselleiro de Economía e Facenda.
Coas limitacións que se derivan do contido do presente
capítulo, facúltase o conselleiro de Economía
e Facenda para:
- Proceder a autoriza-la emisión ou contracción
de débeda pública e demais operacións de
crédito da Comunidade ou dos seus organismos autónomos
respectivos, determinando a súa representación
en títulos-valores, títulos de pagamento ou outros
documentos que formalmente a recoñezan; sinalar ou concerta-lo
seu prazo, tipo de xuro e demais características; e formalizar,
se é o caso, en representación da Comunidade Autónoma,
tales operacións, podendo delega-la dita representación
nun funcionario da consellería cando a formalización
da operación se realice no estranxeiro.
- Utilizar para a colocación de emisións de débeda
pública calquera técnica financeira relativa á
súa oferta, xuros, prazo ou calquera outra condición
delas, sempre que o seu uso non represente a creación
de situacións distintas ás derivadas das prácticas
usualmente aceptadas nos mercados financeiros.
- Proceder de acordo coas condicións da emisión
ou da contracción, ou de mutuo acordo cos acredores,
ó reembolso anticipado total ou parcial da débeda
pública ou dos préstamos concertados ou á
modificación dalgunha das súas condicións
cando a situación do mercado ou outras circunstancias
así o aconsellen (95).
- Calquera outra operación usual no mercado financeiro,
sempre que non prexudique os acredores ou se realice de común
acordo con estes e non estea expresamente excluída pola
normativa aplicable.
- Encomendárlle-lo exercicio das facultades expostas
nos números anteriores en relación coa débeda
pública emitida ou contraída polos organismos
autónomos ós seus correspondentes órganos
rectores.
(95) En exercicio desta competencia dictouse
a Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23
de novembro de 1998 pola que se eliminan os valores nominais unitarios
da débeda pública da Comunidade Autónoma
de Galicia anotada e as tenzas individuais de débeda pública
da Comunidade Autónoma de Galicia anotada constituídas
por valores do mesmo código valor se converten en tenzas
de saldos nominais (D.O.G.
nº 233, do 1 de decembro).
Artigo 38º.- Beneficios.
- A débeda pública da Comunidade gozará
dos mesmos beneficios cá débeda pública
do Estado e suxeitarase ás demais normas que lle sexan
aplicables segundo a súa modalidade e características,
e conforme o previsto polas leis.
- Ós títulos ó portador da débeda
pública que fosen roubados ou furtados, ou que sufrisen
extravío ou destrucción, seralles aplicable o
procedemento previsto pola lexislación mercantil (96),
agás que se dictasen procedementos administrativos especiais
que total ou parcialmente substituísen a aquel.
(96) Artigos 547 a 572 do Código
de Comercio.
Artigo 39º.- Prescrición.
A obriga de reembolso dos capitais da débeda pública
e o pagamento dos seus xuros prescribirán de acordo co
procedemento e cos prazos establecidos pola normativa vixente
para a débeda pública do Estado (97).
(97) Artigo 105 da Lei 47/2003, do 26 de
novembro, xeral orzamentaria (B.O.E.
nº 284, do 27 de novembro).
|
|
CAPÍTULO II.
Das garantías
Artigo 40º.- Garantía
por aval .(98)
- A Comunidade Autónoma poderá afianza-las obrigas
derivadas de créditos concertados por persoas naturais
ou xurídicas, públicas ou privadas, con domicilio
social en Galicia, mediante o outorgamento do correspondente
aval da Tesourería, na forma establecida nesta lei.
- Os citados avais autorizaraos a Xunta de Galicia, por proposta
do conselleiro de Economía e Facenda, e serán
publicados no Diario Oficial de Galicia.
(98) Artigo 118.2 desta lei.
Artigo 41º.- Importe.
O importe máximo dos avais que poderá concede-la
Comunidade Autónoma durante o ano será determinado
na Lei de orzamentos xerais da Comunidade.
Artigo 42º.- Beneficiarios.
- A Comunidade Autónoma poderá avala-las operacións
de crédito que a favor dos seus organismos autónomos,
sociedades públicas e corporacións locais sitas
no seu territorio concedan as entidades de crédito legalmente
establecidas.
Así mesmo poderalles prestar un segundo aval ás
empresas privadas que teñan fixado o seu domicilio social
ou a radicación dos seus negocios en Galicia.
- Os créditos avalados na forma indicada no número
anterior, no caso de que os beneficiarios sexan empresas privadas,
soamente poderán ter como finalidade financia-la creación,
reconversión e reestructuración de medianas e
pequenas empresas que, mediante a presentación dun plan
económico-financeiro, demostren a capacidade e o dimensionamento
necesario para facer viable a súa continuidade. Neste
suposto cada aval individualizado non poderá exceder
do 2% do límite global autorizado na Lei de orzamentos
xerais da Comunidade.
- A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma
controlará a debida aplicación dos créditos
avalados (99).
Trimestralmente daráselle conta ó Parlamento dos
avais existentes, dos novos avais concedidos e, se é
o caso, dos riscos efectivos ós que a Tesourería
da Comunidade lles tivese que facer fronte.
(99) Artigo 94.3 da presente lei.
Artigo 43º.- Obrigas.
- Os avais outorgados pola Comunidade Autónoma (100)
terán carácter subsidiario e obrigarán
á súa Tesourería polo importe do principal
e dos xuros só no caso de non poder satisfacelos o debedor
principal ou o primeiro avalista.
- Poderá convirse a renuncia ó beneficio de excusión
previsto no artigo 1.830 do Código civil se se garantisen
créditos concertados polos seus organismos autónomos
e entes públicos, corporacións locais existentes
no seu territorio ou, para cada caso, se se autorizase a dita
renuncia por lei do Parlamento de Galicia.
- Os avais outorgados pola Comunidade Autónoma documentaranse
na forma na que regulamentariamente se determine (101)
e devengarán a favor da súa Tesourería
a comisión que para cada caso se estableza.
(100) Para responder dos avais concedidos
a Comunidade Autónoma conta coa aplicación orzamentaria
"Fondo de garantía de avais" na sección
23 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
A dotación dese fondo regúlase xenericamente no
artigo 43 da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de orzamentos xerais
da Comunidade Autónoma para 1997 (D.O.G.
nº 254, do 31 de decembro). O dito artigo ten vixencia permanente,
de acordo co disposto na disposición derradeira segunda
da citada lei.
(101) Téñase en conta o
Decreto 213/1983, do 9 de novembro, polo que se aproban as normas
e modelos relativos á prestación de avais pola Xunta
de Galicia (D.O.G.
nº 177, do 26 de novembro).
Artigo 44º.- Autorización
legal.
Para a concesión de calquera outra forma de aval da non
prevista no presente capítulo será precisa autorización
mediante a correspondente lei, a que determinará polo menos
a identidade dos avalados e o límite e prazo do correspondente
aval.
Artigo 45º.- Avais dos organismos
autónomos.
- Os organismos autónomos e entes públicos poderán
prestar avais dentro do límite máximo fixado con
esta finalidade para cada exercicio pola correspondente lei
de orzamentos xerais, sempre que os beneficiarios sexan sociedades
públicas ou mercantís no capital das cales participen.
Dos avais que concedan, así como da situación
dos existentes, deberán renderlle conta anual á
Consellería de Economía e Facenda.
Sen embargo, o Instituto Galego de Promoción Económica
(102) poderá conceder
avais, dentro do límite máximo fixado, a aquelas
empresas privadas, participadas ou non por este instituto, e
para aquelas operacións que reúnan as condicións
e cumpran os requisitos que se establezan por acordo do Consello
da Xunta de Galicia por proposta da Consellería de Economía
e Facenda. O citado acordo publicarase no Diario Oficial
de Galicia.
Así mesmo, ós avais concedidos en virtude deste
artigo deberá dárselles publicidade no Diario
Oficial de Galicia.
- Os avais así concertados cumprirán as condicións
establecidas no artigo 43º.1 desta lei, salvo acordo da
Xunta no que autorice a renuncia do beneficio de excusión
previsto no artigo 1.830º do Código civil.
(102) Galego de Promoción Económica
(D.O.G. nº
190, do 30 de setembro), modificado polo Decreto 132/1995, do
10 de maio (D.O.G.
nº 92, do 15 de maio), e polo Decreto 302/1999, do 17 de
novembro (D.O.G.
nº 228, do 25 de novembro). O número 5º do artigo
2 foi desenvolto pola Orde da Consellería de Economía
e Facenda do 17 de decembro de 1999 (D.O.G.
nº 248, do 27 de decembro).
Téñase en conta tamén o acordo da Comisión
Delegada da Xunta en Galicia para Asuntos Económicos do
10 de maio de 1995 sobre criterios para a concesión de
avais por parte do Igape, feito público pola Resolución
da Consellería de Economía e Facenda do 10 de xullo
de 1995 (D.O.G.
nº 137, do 18 de xullo).
|
Volver:Sumario - Título
I
| Continuar:Título
III
| Título
IV
| Título
V
| Título
VI - Disposicións
|