
Continuar: Título
II
| Título
III
| Título
IV
| Título
V
| Título
VI - Disposicións
(1) Publicado no D.O.G.
nº 214, do 5 de novembro (corrección de erros no D.O.G.
nº 218, do 11 de novembro). Foi modificado pola Lei 8/1999,
do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función
pública e actuación administrativa (D.O.G.
nº 252, do 31 de decembro), pola Lei 5/2000, do 28 de decembro,
de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo
(D.O.G. nº
251, do 29 de decembro), pola Lei 3/2002, do 29 de abril, de medidas
de réxime fiscal e administrativo (D.O.G.
nº 84, do 2 de maio), pola Lei 7/2002, do 27 de decembro,
de medidas fiscais e de réxime administrativo (D.O.G.
nº 251 do 30 de decembro) e pola Lei 9/2003, do 23 de decembro,
de medidas tributarias e administrativas e pola Lei 14/2004, do
29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo
(D.O.G. nº
253, do 30 de decembro).
De acordo co artigo 149.3, inciso final, da Constitución,
a Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria (B.O.E.
nº 284, do 27 de novembro) ten carácter supletorio
respecto da presente lei.
Con carácter xeral, debido ós múltiples aspectos
desta lei que están tratados nas leis anuais de orzamentos
da Comunidade Autónoma galega, é recomendable consultar
estas últimas, posto que complementan, para o exercicio
económico correspondente, o contido desta lei.
A disposición adicional oitava da Lei 6/1998, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999 (2), autorizou o Goberno galego para a elaboración, no prazo dun ano, do texto refundido da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (3).
(2) Publicada no D.O.G. nº 252, do 31 de decembro de 1998.
(3) Publicada no D.O.G. nº 200, do 14 de outubro (Corrección de erros no D.O.G. nº 220, do 11 de novembro). Modificada polas Leis 14/1992, do 29 de decembro (D.O.G. nº 254, do 31 de decembro), 1/1994, do 30 de marzo (D.O.G. nº 63, do 4 de abril), 11/1995, do 28 de decembro (D.O.G. nº 249, do 30 de decembro), de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 1993, 1994 e 1996, respectivamente. Posteriormente, pola Lei 2/1998, do 8 de abril, de medidas tributarias, de réxime presupostario, función pública, patrimonio, organización e xestión (D.O.G. nº 68, do 9 de abril), e pola Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública e xestión (D.O.G. nº 252, do 31 de decembro. Corrección de erros no D.O.G. nº 29, do 12 de febreiro de 1999).
En uso da dita autorización redactouse o correspondente texto refundido, no que se incorporan ó texto inicial da Lei 11/1992 as modificacións sufridas por esta desde a súa entrada en vigor, así como algunhas actualizacións terminolóxicas e correccións gramaticais que non inciden no fondo da disposición.
En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 10º1.a) do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril (4), e no artigo 4.4º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente (5), por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, de acordo co Consello Consultivo de Galicia, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do sete de outubro de mil novecentos noventa e nove,
(4) Publicado no B.O.E. nº 101, do 28 de abril de 1981.
(5) Publicada no D.O.G. nº 23, do 21 de marzo de 1983.
| |De conformidade coa disposición adicional oitava da Lei 6/1998, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999, apróbase o texto refundido da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, que se insire a continuación.
As remisións e referencias normativas á Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, entenderanse feitas, no sucesivo, ó texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
O presente decreto lexislativo e o texto refundido que se aproba entrarán en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
(6) Artigos 14 a 27 da presente lei
(7) Artigos 46 a 86 desta lei.
(8) Artigos 109 a 117 da presente lei.
(9) Véxase a Lei 3/1985, do 12 de
abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega (D.O.G.
nº 78, do 24 de abril), modificada polas Leis 1/1986, do
29 de outubro, 2/1988, do 5 de marzo, 13/1988, do 30 de decembro,
e 11/1996, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade
Autónoma de Galicia para os anos 1986, 1988, 1989 e 1997,
respectivamente (D.O.G.
nº 214, do 3 de novembro de 1986; nº 50, do 14 de marzo
de 1988; nº 251, do 31 de decembro de 1988; e nº 254,
do 31 de decembro de 1996, respectivamente). Ademais foi modificada
pola Lei 2/1998, do 8 de abril, de medidas tributarias, de réxime
orzamentario, función pública, patrimonio, organización
e xestión (D.O.G.
nº 68, do 9 de abril), pola Lei 7/2002, do 27 de decembro,
de medidas fiscais e de réxime administrativo (D.O.G.
nº 251 do 30 de decembro) e pola disposición final
primeira da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións
reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G.
nº 240, do 11 de decembro). Tamén se modificou, en
virtude da disposición adicional 2ª, polos Decretos
185/2001, do 26 de xullo (D.O.G.
nº 156, do 13 de agosto) e 180/2003, do 27 de febreiro (D.O.G.
nº 52, do 14 de marzo).
Téñase en conta tamén o Decreto 50/1989,
do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución
da Lei 3/1985 (D.O.G.
nº 71, do 13 de abril. Corrección de erros no D.O.G.
nº 134, do 13 de xullo de 1989), modificado polo Decreto
238/1998, do 24 de xullo (D.O.G.
nº 156, do 13 de agosto) e polo Decreto 180/2003, do 27 de
febreiro (D.O.G.
nº 52, do 14 de marzo).
Ademais da normativa autonómica, deberán terse en
conta os preceptos básicos contidos na Lei estatal 33/2003,
do 3 de novembro, do patrimonio das Administracións Públicas
(B.O.E.
nº 264, do 4 de novembro).
(10) Véxase o Real Decreto Lexislativo
2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido
da Lei de contratos das Administracións Públicas
(B.O.E.
nº 148, do 21 de xuño. Corrección de erros
no B.O.E.
nº 227, do 21 de setembro), modificado pola disposición
transitoria segunda da Lei 14/2000, do 29 de decembro (B.O.E.
nº 313, do 30 de decembro), polo art. 61 da Lei 24/2001,
do 27 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e do orde
social, polo art. 71 da Lei 53/2002, do 30 de decembro, de medidas
fiscais, administrativas e da orde social, pola Lei 13/2003, do
23 de maio, reguladora do contrato de concesión de obras
públicas (B.O.E.
nº 124, do 24 de maio), pola disposición final décimoterceira
da Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal (B.O.E.
nº 164, do 10 de xullo), polo art. 67 da Lei 62/2003, do
30 de decembro, de medias fiscais, administrativas e da orde social
(B.O.E.
nº 313, do 31 de decembro) e pola disposición final
primeira da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen
medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais
(B.O.E.
nº 314, do 30 de decembro). Debe terse en conta tamén
o Regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións
Públicas, aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de
outubro (B.O.E.
nº 257, do 26 de outubro).
Entre a normativa autonómica, téñase en conta
a Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes
e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta
de Galicia, en materia de persoal e contratación, modificada
pola disposición adicional cuarta da Lei 14/2004, do 29
de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo
(D.O.G. nº
253, do 30 de decembro); e o Decreto 87/1990, do 15 de febreiro,
sobre desconcentración de competencias en materia de contratación
administrativa nos delegados provinciais das consellerías
da Xunta de Galicia (D.O.G.
nº 35, do 19 de febreiro). Así mesmo, o Decreto 198/1995,
do 16 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Contratos da Comunidade
Autónoma de Galicia (D.O.G.
nº 129, do 6 de xullo) e o Decreto 262/2001, do 20 de setembro,
de refundición da normativa reguladora do Rexistro Xeral
de Contratistas (D.O.G.
nº 200, do 16 de outubro).
Tamén o Decreto 122/1996, do 8 de febreiro, sobre adxudicación
de obras e subministracións polo procedemento negociado
con publicidade (D.O.G.
nº 61, do 26 de marzo) e o acordo do Consello da Xunta do
8 de febreiro de 1996, polo que se establecen regras de adxudicación
dos contratos de obras por concurso e polo procedemento negociado
na Administración da Comunidade Autónoma, publicado
en virtude da Resolución do 8 de marzo de 1996 da Consellería
de Economía e Facenda (D.O.G.
nº 56, do 19 de marzo). Hai que ter en conta, non obstante,
que a aplicación deste acordo está condicionada
polo novo regulamento xeral da lei, así como polas consideracións
expostas pola Comisión da Unión Europea no expediente
SG (96)D 96/2009 en relación ó acordo do Consello
da Xunta do 10 de maio de 1995 (D.O.G.
nº 102, do 30 de maio), antecedente inmediato do actualmente
vixente.
(11) Consúltense as notas do artigo 14 desta lei.
(12) Artigos 94 e 103 a 108 da presente lei.
(13) Artigos 28 a 45 desta lei.
(14) Artigos 87 a 92 da presente lei.
(15) Particularmente, téñase en conta o Decreto 34/1997, do 20 de febreiro, polo que se regula a organización, as competencias, a composición e o funcionamento do Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G. nº 44, do 5 de marzo), que agora se denomina Xunta Superior de Facenda, segundo o disposto na disposición adicional primeira da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G. nº 240, do 11 de decembro).
(16) Sobre prerrogativas, véxanse os artigos 10 e 19 da presente lei, e sobre responsabilidades, os artigos 122 a 126 da mesma.
(17) Os principios de eficacia e de eficiencia están constitucionalizados nos artigos 103.1 e 31.2, respectivamente, da Constitución. Sobre os principios de solidariedade e de equilibrio territorial téñanse en conta os artigos 2 e 158.2, respectivamente, do mesmo corpo normativo, e o artigo 2 do Estatuto de Autonomía para Galicia (B.O.E. nº 311-1, do 29 de decembro de 1978, e nº 101, do 28 de abril de 1981, respectivamente).
(18) Artigos 47 desta lei para o principio de orzamento anual, 93 a 121 para o de control interno e de contabilidade, e 88 para o de unidade de caixa.
(19) Artigos 122 e seguintes desta lei.
Regularanse por lei do Parlamento de Galicia as seguintes materias:
(20) Artigos 52 e 62 da presente lei e 53.1 do Estatuto de Autonomía para Galicia, aprobado pola Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril (B.O.E. nº 101, do 28 de abril).
(21) Artigo 51 do Estatuto de Autonomía para Galicia.
(22) Artigo 51 do Estatuto de Autonomía para Galicia.
(23) Artigos 28 a 39 desta lei e 51 do Estatuto de Autonomía para Galicia.
(24) Artigo 43.2 do Estatuto de Autonomía para Galicia. O réxime do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia está regulado pola Lei 3/1985, do 12 de abril (D.O.G. nº 78, do 24 de abril). (Véxase nota ó artigo 1.2.c) desta lei).
(25) Artigo 11 desta lei.
(26) Artigos 40 a 45 desta lei.
(27) Publicada no D.O.G. nº 149, do 5 de agosto, modificada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro (D.O.G. nº 252, do 31 de decembro) e desenvolta pola Lei 4/2002, do 25 de xuño, do estatuto da capitalidade da cidade de Santiago de Compostela (D.O.G. nº 142, do 24 de xullo) e polos Decretos 280/1998, do 24 de setembro (D.O.G. nº 203, do 20 de outubro); 370/1998, do 10 de decembro (D.O.G. nº 4, do 8 de xaneiro de 1999) e 371/1998, do 10 de decembro (D.O.G. nº 4, do 8 de xaneiro de 1999). Véxase o artigo 53 da Lei.
Será competencia do Consello da Xunta (28) no marco das materias reguladas nesta lei:
(28) Véxase o artigo 4 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente (D.O.G. nº 23, do 21 de marzo), modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro (D.O.G. nº 208, do 28 de outubro).
Será competencia da Consellería de Economía e Facenda (29):
(29) Véxase o Decreto 115/2004, do 3 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda (D.O.G. nº 113, do 14 de xuño), modificado polo Decreto 247/2004, do 21 de outubro (D.O.G. nº 211, do 29 de outubro).
(30) Os artigos 45 e seguintes da Lei 11/1996, do 30 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1997 (D.O.G. nº 254, do 31 de decembro) establecen normas sobre a xestión recadatoria, desenvoltos polo Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona (D.O.G. nº 50, do 13 de marzo. Corrección de erros do texto en castelán no D.O.G. nº 56, do 21 de marzo).
(31) Artigos 74 e seguintes da presente lei.
(32) Artigo 51 da presente lei.
(33) Artigos 103 a 108 desta lei.
(34) Artigos 94 a 102 e 109 a 117 desta lei.
(35) Artigos 48 a 55 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo (B.O.E. nº 59 do 9 de marzo).
(36) Debe entenderse ”crédito cooperativo”. Téñase en conta o artigo 127 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia (D.O.G. nº 251, do 30 de decembro).
(37) Para este ámbito, véxanse
a Lei 4/1996, do 31 de maio, de caixas de aforros de Galicia (CAG)
(D.O.G. nº
117, do 14 de xuño), que mantén en vigor diversos
artigos referidos ós órganos de goberno das CAG
das Leis 7/1985, do 17 de xullo, e 6/1989, do 10 de maio (D.O.G.
nº 137, do 18 de xullo, e nº 100, do 26 de maio, respectivamente)
e que foi modificada pola Lei 1/2004, do 21 de abril (D.O.G.
nº 77, do 22 de abril) e polo artigo 15 da Lei 14/2004, do
29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo
(D.O.G. nº
253, do 30 de decembro), así como o Decreto 77/1983, do
21 de abril, sobre dependencia orgánica e funcional das
CAG (D.O.G.
nº 42, do 3 de maio), derrogado no seu artigo 6.2 polo Decreto
271/1986, do 24 de xullo, sobre determinación de investimentos
computables no coeficiente de investimento das CAG (D.O.G.
nº 178, do 15 de setembro).
Téñanse en conta tamén o Decreto 153/1989,
do 27 de xullo, dos órganos rectores das CAG (D.O.G.
nº 148, do 3 de agosto), modificado polo Decreto 236/1996,
do 14 de xuño (D.O.G.
nº 118, do 17 de xuño), polo Decreto 180/2002, do
23 de maio (D.O.G.
nº 100, do 27 de maio), e polo Decreto 276/2004, do 18 de
novembro (D.O.G.
nº 234, do 1 de decembro), así como o Decreto 240/1998,
do 24 de xullo, polo que se regula a figura do Valedor do Cliente
das Caixas de Aforros (D.O.G.
nº 157, do 14 de agosto), o Decreto 270/1998, do 24 de setembro,
polo que se desenvolve a organización e funcionamento da
Oficina de Reclamacións de Clientes das caixas de aforros
(D.O.G. nº
195, do 7 de outubro), o Decreto 261/1999, do 17 de setembro,
polo que se desenvolve a regulación da obra benéfico-social
das caixas de aforros galegas (D.O.G.
nº 194, do 6 de outubro) e o Decreto 241/2000, do 29 de setembro,
polo que se regula o procedemento sancionador aplicable ás
caixas de aforro de Galicia.
Ó peche desta edición estase a tramitar un proxecto
de decreto lexislativo polo que se aproba o Texto refundido das
leis de caixas de aforros de Galicia, en virtude da autorización
contida na disposición final segunda da Lei 1/2004, do
21 de abril (D.O.G.
nº 77, do 22 de abril).
Será competencia das consellerías (38) :
(38) Véxase o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente (D.O.G. nº 23, do 21 de marzo), modificado polo art. 30 da Lei Lei 7/2002, do 27 de decembro, de medidas fiscais e de réxime administrativo (D.O.G. nº 251 do 30 de decembro) .
Á Comunidade Autónoma de Galicia, no exercicio das competencias ás que se refire esta lei, corresponderanlle en todo momento as mesmas prerrogativas e idéntico trato fiscal que a lei teña establecidos para o Estado (39).
(39) Téñanse en conta os artigos 77 e seguintes da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria (B.O.E. nº 302, do 18 de decembro). Así mesmo, son de aplicación os artigos 33 a 43 do Regulamento xeral de recadación, aprobado polo Real Decreto 1684/1990, do 20 de decembro (B.O.E. nº 3, do 3 de xaneiro de 1991), modificado polo Real Decreto 448/1995, do 24 de marzo (B.O.E. nº 74, do 28 de marzo), polo Real Decreto 161/1997, do 7 de febreiro (B.O.E. nº 48, do 25 de febreiro), polo Real Decreto 111/2000, do 28 de xaneiro (B.O.E. nº 25, do 29 de xaneiro), polo Real Decreto 208/2002, do 22 de febreiro (B.O.E. nº 62, do 13 de marzo) e polo Real Decreto 1248/2003, do 3 de outubro (B.O.E. nº 247, do 15 de outubro).
(40) Artigos 9, 82, 93, 94, 106, 116 e 120 desta lei.
(41) Os organismos autónomos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia son os seguintes:
(42) O cerne do réxime normativo
autonómico está nos artigos 44 a 46 da Lei 3/1985,
do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega
(D.O.G. nº
78, do 24 de abril) e nos artigos 106 a 110, 115 e 116 do seu
Regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo (D.O.G.
nº 71, do 13 de abril. Corrección de erros no D.O.G.
nº 134, do 13 de xullo).
Véxanse tamén, como normativa supletoria, os capítulos
I, II, IV e V do título III da Lei 6/1997, do 14 de abril,
de organización e funcionamento da Administración
Xeral do Estado (B.O.E.
nº 90, do 15 de abril).
(43) Artigos 83 a 86, 93, 94, 106, 116 e disposición adicional primeira desta lei.
(44) A Lei 13/2004, do 29 de decembro,
de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia
para o ano 2005 (D.O.G.
nº 253, do 30 de decembro), recolle as seguintes sociedades
mercantís con participación pública maioritaria:
TVG, S.A.
e RTVG,
S.A., integradas
no orzamento do ente público Compañía de
Radio-Televisión de Galicia; a Sociedade Galega de Medio
Ambiente, S.A.;
a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia,
S.A.; Xestión
Urbanística da Coruña, S.A.;
Xestión Urbanística de Lugo, S.A.;
Xestión Urbanística de Ourense, S.A.;
Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.;
S.A. de Xestión
do Plan Xacobeo; S.A.
de Xestión do Centro de Supercomputación de Galicia;
S.A. para
o Desenvolvemento Comarcal de Galicia; Instituto Galego de Medicina
Técnica, S.A.;
Galicia Calidade, S.A.;
S.A. para
o Desenvolvemento Industrial de Galicia; Centro Europeo de Empresas
e Innovación de Galicia, S.A.;
Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A.;
Xenética Fontao, S.A.;
Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A.,
Xesgalicia-Sociedade Xestora de Entidades de Capital-Risco, S.A.
e a Sociedade Pública Autoestrada Alto de Santo Domingo-Ourense,
S.A.
Debe terse en conta, ademais, a sociedade Servicios Agrarios Galegos,
S.A., creada
o 16 de abril de 1997 polo Consello de Dirección do ILGGA
(actual FOGGA).
Os seus estatutos aprobáronse polo Decreto 266/1997, do
18 de setembro (D.O.G.
nº 188, do 30 de setembro).
(45) Deben terse en conta os capítulos
I, III, IV e V do título III da Lei 6/1997, do 14 de abril,
de organización e funcionamento da Administración
Xeral do Estado (B.O.E.
nº 90, do 15 de abril).
Os entes públicos que a Lei 13/2004 integra nos orzamentos
para o ano 2005 son as seguintes: A Compañía de
Radio-Televisión de Galicia (CRTVG), creada pola Lei 9/1984,
do 11 de xullo (D.O.G.
nº 148, do 3 de agosto); o Instituto Galego de Promoción
Económica (IGAPE), creado pola Lei 5/1992, do 10 de xuño
(D.O.G. nº
122, do 26 de xuño); a Fundación Pública
Hospital de Verín, creada por acordo do Consello da Xunta
do 23 de agosto de 1993; o ente público Portos de Galicia,
creado pola Lei 5/1994, do 29 de novembro (D.O.G.
nº 243, do 20 de decembro); a Empresa Pública de Obras
e Servicios Hidráulicos, creada pola disposición
adicional da Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración
hidráulica de Galicia (D.O.G.
nº 125, do 2 de xullo); o Consello Económico e Social
de Galicia, creado pola Lei 6/1995, do 28 de xuño (D.O.G.
nº 133, do 12 de xullo); a Fundación Instituto Galego
de Oftalmoloxía, creada polo acordo do Consello da Xunta
do 2 de decembro de 1994; as fundacións Hospital Comarcal
Virxe da Xunqueira e Hospital Comarcal A Barbanza; o Centro Informático
para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira
e Contable, creado pola disposición adicional 5ª da
Lei 2/1998, do 8 de abril, de medidas tributarias, de réxime
orzamentario, función pública, patrimonio, organización
e xestión (D.O.G.
nº 68, do 9 de abril); a Fundación Pública
Escola Galega de Administración Sanitaria, creada por acordo
do Consello da Xunta do 19 de decembro de 1997; a Fundación
Foro Permanente Galego-Iberoamericano da Saúde, creada
por acordo do Consello da Xunta do 19 de decembro de 1997; a Fundación
Pública Urxencias Sanitarias de Galicia (061), creada por
acordo do Consello da Xunta do 27 de maio de 1999; o Instituto
Enerxético de Galicia, creado pola Lei 3/1999, do 11 de
marzo (D.O.G.
nº 61, do 30 de marzo); a Fundación Pública
Hospital Comarcal do Salnés; a Fundación Pública
Cidade da Cultura de Galicia, creada por acordo do Consello da
Xunta do 23 de decembro de 1999 e declarada de interese galego
por Orde do 19 de xaneiro de 2000 (D.O.G.
nº 26, do 8 de febreiro); a Axencia Galega de Desenvolvemento
Rural, creada pola disposición adicional sexta da Lei 5/2000,
do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario
e adminsitrativo (D.O.G.
nº 251, do 29 de decembro) e a Fundación Pública
Centro de Transfusión de Galicia, creada pola Orde do 28
de maio de 1993 (D.O.G.
nº 108, do 9 de xuño) e a Fundación Pública
Galega de Medicina Xenómica, creada polo Decreto 451/2003,
do 26 de decembro (D.O.G.
nº 9, do 15 de xaneiro de 2004).
As fundacións públicas sanitarias constituídas
pola Comunidade Autónoma transformaronse en fundacións
de titularidade e natureza pública en virtude do disposto
no Decreto 276/2001, do 27 de setembro, de adaptación das
fundacións sanitarias á disposición adicional
sétima da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais
e de réxime orzamentario e administrativo (D.O.G.
nº 208, do 26 de outubro).
Finalmente, a Axencia para a Xestión Integrada, Calidade
e Avaliación da Formación Profesional foi creada
como un ente de dereito público polo art. 37 da Lei 3/2002,
do 29 de abril, de medidas de réxime fiscal e administrativo.
(46) Téñase en conta a Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación (D.O.G. nº 227, do 20 de novembro), modificada no seu artigo 9 pola disposición adicional cuarta da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo (D.O.G. nº 253, do 30 de decembro) así como a nova redacción do apartado 1 do artigo 2 e das disposicións adicionais sexta e décimosexta da Lei de contratos das Administracións Públicas, introducida pola Lei 62/2003, do 30 de decembro (B.O.E. nº 313, do 31 de decembro).
(47) Para a súa creación aplícanse os artigos 44 a 47 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega (D.O.G. nº 78, do 24 de abril) e os artigos 106, 107 e 111 a 116 do seu Regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo (D.O.G. nº 71, do 13 de abril. Corrección de erros no D.O.G. nº 134, do 13 de xullo).(Véxase nota ó artigo 1.2.c) desta lei).
(48) Neste ámbito deben terse en conta os artigos 46.2 da Lei 3/1985, do 12 de abril, e 114 e seguintes do seu Regulamento, citados en nota anterior.
(49) Con carácter xeral téñanse en conta os artigos 157 da Constitución e 42 a 55 do Estatuto de Autonomía para Galicia, aprobado pola Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril (B.O.E. nº 101, do 28 de abril). E tamén a Lei Orgánica 8/1980, do 22 de setembro, de Financiación das Comunidades Autónomas (B.O.E. nº 236, do 1 de outubro), modificada pola Lei Orgánica 1/1989, do 13 de abril (B.O.E. nº 90, do 15 de abril), pola Lei Orgánica 3/1996, do 27 de decembro (B.O.E. nº 313, do 28 de decembro) e pola Lei orgánica 7/2001, do 27 de decembro (B.O.E. nº 313, do 31 de decembro). Así mesmo, téñase en conta a Lei 21/2001, do 27 de decembro, pola que se regulan as medidas fiscais e administrativas do novo sistema de financiación das Comunidades Autónomas de réxime común e cidades con Estatuto de autonomía (B.O.E. nº 313, do 31 de decembro), modificada pola Lei 53/2002, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e do orde social (B.O.E. nº 313, do 31 de decembro), pola Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria (B.O.E. nº 284, do 27 de novembro), e pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria (B.O.E. nº 302, do 18 de decembro).
Constitúen dereitos económicos da Facenda pública galega (50):
(50) Artigos 44 e 45 do Estatuto de Autonomía para Galicia.
(51) Os tributos da Comunidade Autónoma galega están regulados nas seguintes normas:
(52) Téñanse en conta o artigo
157 da Constitución e a disposición adicional primeira
do Estatuto de Autonomía para Galicia, modificada pola
Lei 32/1997, do 4 de agosto, que se menciona máis abaixo.
Así mesmo, véxase a Lei 21/2001, do 27 de decembro,
pola que se regulan as medidas fiscais e administrativas do novo
sistema de financiación das Comunidades Autónomas
de réxime común e cidades con Estatuto de autonomía
(B.O.E.
nº 313, do 31 de decembro), modificada pola Lei 51/2002,
do 27 de decembro, de reforma da Lei 39/1988, reguladora das facendas
locais (B.O.E.
nº 311, do 28 de decembro), pola Lei 53/2002, do 30 de decembro,
de medias fiscais, administrativas e da orde social (B.O.E.
nº 313, do 31 de decembro), pola Lei 47/2003, do 26 de novembro,
xeral orzamentaria (B.O.E.
nº 284, do 27 de novembro), e pola Lei 58/2003, do 17 de
decembro, xeral tributaria (B.O.E.
nº 302, do 18 de decembro).
Deben destacarse tamén a Lei 18/2002, do 1 de xullo, do
réxime de cesión de tributos do Estado á
Comunidade Autónoma de Galicia e de fixación do
alcance e condicións de dita cesión (B.O.E.
nº 157, do 2 de xullo) e os artigos 2 e 3 da Lei 2/1998,
do 8 de abril , de medidas tributarias, de réxime orzamentario,
función pública, patrimonio, organización
e xestión (D.O.G.
nº 68, do 9 de abril). Este último artigo foi modificado
pola Lei 7/1998, do 30 de decembro, de medidas tributarias, de
réxime orzamentario, función pública e xestión
(D.O.G. nº
252, do 31 de decembro), pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de
medidas fiscais e orzamentarias e de función pública
e actuación administrativa (D.O.G.
nº 252, do 31 de decembro), pola Lei 5/2000, do 28 de decembro,
de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo
(D.O.G. nº
251, do 29 de decembro) e pola Lei 3/2002, do 29 de abril, de
medidas de réxime fiscal e administrativo (D.O.G.
nº 84, do 2 de maio), que a deroga parcialmente.
(53) Consúltese a nota ó artigo 14.1. Debe terse en conta a doutrina do Tribunal Constitucional sobre a fixación de prezos públicos polo uso privativo e o aproveitamento especial do dominio público, que prevé para ese caso a aplicación do principio de reserva legal, segundo a sentencia 185/1995, do 14 de decembro (B.O.E. nº 11, do 12 de xaneiro de 1996). Esta doutrina constitucional está xa recollida na vixente Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G. nº 240, do 11 de decembro).
(54) Téñase en conta a Lei 22/2001, do 27 de decembro, reguladora dos Fondos de Compensación Interterritorial (B.O.E. nº 313, do 31 de decembro).
(55) Artigos 28 a 39 da presente lei.
(56) Véxanse o artigo 68 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma Galega (D.O.G. nº 78, do 24 de abril) e o artigo 148 do seu Regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo (D.O.G. nº 71, do 13 de abril).
(57) En canto ós legados e doazóns,
véxanse os artigos 858 a 891 e 618 a 658 do Código
Civil. Así mesmo, os artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985,
do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega
(D.O.G. nº
78, do 24 de abril) e os artigos 33, 34 e 38 do seu Regulamento,
aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo (D.O.G.
nº 71, do 13 de abril. Corrección de erros no D.O.G.
nº 134, do 13 de xullo). (Véxase nota ó artigo
1.2.c) desta lei).
En canto á sucesión intestada a favor da Comunidade
Autónoma, consúltense os artigos 153 e 154 da Lei
4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia (D.O.G.
nº 107, do 6 de xuño), así como o Decreto 94/1999,
do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión
intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G.
nº 73, do 19 de abril).
(58) Téñase en conta a Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións (D.O.G. nº 235, do 5 de decembro).
Os recursos da Comunidade Autónoma galega e de cada un dos seus organismos autónomos estarán destinados a satisface-lo conxunto das súas obrigas respectivas, salvo que por lei se estableza a súa afectación para fins determinados (59).
(59) Como exemplo desta afectación
legal, véxanse o artigo 33.2 da Lei 8/1993, do 23 de xuño,
reguladora da Administración hidráulica de Galicia
(D.O.G. nº
125, do 2 de xullo), o artigo 4 da Lei 12/1995, do 29 de decembro,
do imposto sobre a contaminación atmosférica (D.O.G.
nº 249, do 30 de decembro), e o artigo 42 da Lei 8/1997,
do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras
na Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G.
nº 116, do 29 de agosto).
Sobre esta cuestión téñase en conta o artigo
4 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións
reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G.
nº 240, do 11 de decembro).
(60) Esta competencia xenérica tradúcese nas funcións encomendadas ós seus órganos de acordo co Decreto 115/2004, do 3 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda (D.O.G. nº 113, do 14 de xuño), modificado polo Decreto 247/2004, do 21 de outubro (D.O.G. nº 211, do 29 de outubro).
(61) Por exemplo, artigo 34 do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona (D.O.G. nº 50, do 13 de marzo. Corrección de erros do texto en castelán no D.O.G. nº 56, do 21 de marzo).
(62) Artigo 54 do Estatuto de Autonomía para Galicia.
(63) Téñanse en conta o Decreto
172/1992, do 26 de xuño, polo que se dictan normas para
a xestión, liquidación e recadación das taxas
e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia
(D.O.G. nº
124, do 30 de xuño. Corrección de erros no D.O.G.
nº 136, do 15 de xullo), así como o Decreto 51/2000,
do 25 de febreiro, polo que se establece a organización
recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de
zona (D.O.G.
nº 50, do 13 de marzo. Corrección de erros do texto
en castelán no D.O.G.
nº 56, do 21 de marzo).
Non obstante, ó peche desta edición estase a tramitar
un novo decreto polo que se ditan as normas para a aplicación
das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, que
derrogará o mencionado Decreto 172/1992, do 26 de xuño.
(64) Consúltese a Orde da Consellería
de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994 pola
que se regula o procedemento de recadación voluntaria das
taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G.
nº 145, do 29 de xullo), modificada polas Ordes da Consellería
de Economía e Facenda do 2 de abril de 1997 (D.O.G.
nº 72, do 16 de abril) e do 24 de marzo de 1998 (D.O.G.
nº 68, do 9 de abril). Os anexos I e II actualizáronse
coa Resolución da Dirección Xeral de Tributos do
3 de abril de 2003 (D.O.G.
nº 78, do 23 de abril).
Polo que se refire á recadación en vía executiva,
véxase a Orde da Consellería de Economía
e Facenda do 8 de outubro de 1997 (D.O.G.
nº 205, do 23 de outubro).
En canto ós tributos cedidos, hai que contar coa Orde da
Consellería de Economía e Facenda do 13 de xaneiro
de 1993 pola que se dictan normas relativas á encomenda
de funcións tributarias ás oficinas liquidadoras
de distrito hipotecario (D.O.G.
nº 14, do 22 de xaneiro), modificada no seu artigo 2º
pola Orde do 4 de febreiro de 1998 (D.O.G.
nº 31, do 16 de febreiro). Así mesmo, a Orde do 5
de xuño de 2003 regula o procedemento para o pagamento
e a presentación telemáticos das autoliquidacións
correspondentes ó imposto sobre transmisións patrimoniais
e actos xurídicos documentados, pola transmisión
de determinados medios de transporte usados entre particulares
(D.O.G. nº
116, do 17 de xuño) e a Orde do 30 de abril de 2004 regula
ese mesmo procedemento con carácter xeral (D.O.G.
nº 90 do 11 de maio).
Por último, respecto da inspección deben destacarse
a Orde da Consellería de Economía e Facenda do 5
de febreiro de 1997 pola que se desenvolve o Regulamento xeral
da inspección de tributos no ámbito da competencia
da Dirección Xeral de Tributos (D.O.G.
nº 33, do 18 de febreiro), así como a Resolución
do 12 de febreiro de 1999 da Dirección Xeral de Tributos
pola que se aproban os modelos de actas da Inspección da
Facenda da Xunta de Galicia (D.O.G.
nº 38, do 24 de febreiro).
(65) Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria (B.O.E. nº 302, do 18 de decembro).
(66) Véxase nota ó artigo 14.2.
(67) Téñanse en conta os artigos 60 a 68 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega (D.O.G. nº 78, do 24 de abril), modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, de medidas tributarias, de réxime orzamentario, función pública, patrimonio, organización e xestión (D.O.G. nº 68, do 9 de abril), e artigos 138 a 148 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo (D.O.G. nº 71, do 13 de abril. Corrección de erros no D.O.G. nº 134, do 13 de xullo de 1989), modificado polo Decreto 238/1998, do 24 de xullo (