Xunta de Galicia - Consellería de Economía e Facenda

Secretaría Xeral e do Patrimonio

Organigrama da Consellería de Economía e Facenda
    Presentación

      A Secretaría Xeral e do Patrimonio é o órgano encargado de realizar as funcións propias de estudo e documentación da Consellería, de xestionar os servizos comúns dela e prestar asistencia técnica e administrativa ao Conselleiro.   Ademais, asume as competencias que a normativa reguladora do patrimonio da Comunidade autónoma lle atribúe á Consellería.


    Competencias

      Exercerá as competencias e funcións establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, e calquera outra que lle atribúa a normativa en vigor, entre as que se inclúen:

      • Asistencia ao Conselleiro nos asuntos que lle encomende e, no caso de ausencia ou enfermidade deste, o despacho e sinatura de asuntos de trámite.
      • Elaborar o anteproxecto de orzamentos da Consellería. Formular programas de gastos e actuacións e a súa avaliación.
      • Dirixir as funcións de carácter técnico-xurídico.
      • Expedientes de contratación de obras, servizos, subministracións e asistencia técnica da Consellería.
      • A Xestión do persoal adscrito á Consellería. A habilitación de persoal e material, así como a autorización de anticipos ao persoal da Administración da Comunidade Autónoma.
      • A elaboración e publicación de estudos e estatísticas da Consellería

En materia patrimonial correspóndenlle, entre outras, as seguintes funcións:

      • As atribuídas á Consellería polas normas reguladoras do patrimonio da Comunidade Autónoma. Formular directrices no tráfico xurídico dos bens patrimoniais e no emprego dos de dominio público, e coordinar a súa  xestión e administración.

      • Informar as operacións de creación, modificación e disolución das sociedades mercantís e demais entes do sector público empresarial, e elaborar propostas para o exercicio das facultades derivadas da participación no capital das sociedades mercantís.

Ademáis leva a cabo funcións de vixiancia dos mercados e a tramitación de expedientes sancionadores en materia de defensa da competencia.


    Directorio

      Edificios administrativos – San Caetano, s/n
      15781 Santiago de Compostela
      Correo electrónico: secretaria.xeral@xuntaeco.org
      Teléfono: 981 54 41 21
      Fax: 981 54 41 25

      Secretaria xeral: Inmaculada Viña Carregal

      Secretaría
      Secretaria: Mª Jesús Ferro Magariños
      Teléfono: 981 54 41 21
      Fax: 981 54 41 25

A CONSELLERÍA
Bienvenida del Conselleiro
Organigrama
Contratación (Ley Transp)
OFICINAS VIRTUALES
ÁREAS
Secretaría General y del Patrimonio
Tributos
Presupuestos
Intervención General
Planificación Económica y Fondos Comunitarios
Política Financiera y Seguros
ARCHIVOS
Normativa
Documentos
HEMEROTECA
Noticias
Imágenes
Multimedia
ORGANISMOS
Web del CIXTEC
Web del IGE
Web del IGAPE
Web del CES-GALICIA
Web del TGDC