É o órgano ao que corresponde a análise e o deseño da política global dos ingresos públicos no relativo aos tributos cedidos polo Estado coma aos tributos propios e prezos que estableza a Comunidade Autónoma, así como súa xestión e inspección.
Competencias
Analizar e deseñar a política global de ingresos públicos no relativo aos tributos cedidos polo Estado e aos tributos propios e prezos.
Dirixir, impulsar, planificar, coordinar, controlar e executar a xestión, inspección e revisión dos tributos cedidos, así como da xestión, inspección e revisión dos tributos propios e prezos.
Impulsar e coordinar a colaboración en materia tributaria con outras administracións.
Elaborar as normas relativas aos ingresos de dereito público da competencia da Dirección Xeral, e as instrucións e circulares para o seu cumprimento.
Dirixir a xestión recadatoria.
Apoiar as actuacións da Xunta Superior de Facenda.
Directorio
Edificios Administrativos de San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Correo electrónico: dxtributos@xuntaeco.org Teléfono: 981 54 41 88 Fax: 981 54 41 69