Esta declaración de accesibilidade
está referida a todos os contidos amosados na web da Consellería
de Economía e Facenda exceptuando os incluídos na
Oficina Virtual.
Este sitio web deseñouse coa intención de que puidesen
acceder ao mesmo o meirande número posible de persoas. Con
este fin seguíronse as directivas de accesibilidade para
o contido web da WAI
(Iniciativa de Accesibilidade na
Web) do W3C.
Estas directivas organízanse en niveis, do xeito seguinte:
- [Prioridade 1]
- Unha persoa que desenvolva contido Web debe
satisfacer este punto de verificación. Doutro modo, será
imposible que un ou varios grupos accedan á información
do documento. Satisfacer este punto é un requirimento básico
para que algúns grupos podan usa-los documentos Web.
- [Prioridade 2]
- Unha persoa que desenvolva contido Web debería
satisfacer este punto. Doutro modo, será difícil
que un ou varios grupos accedan á información do
documento. Satisfacer este punto eliminará barreiras significativas
para acceder aos documentos Web.
- [Prioridade 3]
- Unha persoa que desenvolva contido Web pode
cumprir este punto. Doutro modo, será en maior ou menor
grao difícil que un ou varios grupos accedan á información
do documento. Satisfacer este punto mellorará o acceso
aos documentos Web.
De acordo con isto, defínense 3 niveis de cumprimento do
documento:
- Nivel de cumprimento "A":
- Satisfácense tódolos puntos
de comprobación de Prioridade 1.
- Nivel de cumprimento "Dobre A":
- Satisfácense tódolos puntos
de comprobación de Prioridade 1 e 2.
- Nivel de cumprimento "Triple A":
- Satisfácense tódolos puntos
de comprobación de Prioridade 1, 2 e 3.
O sitio web cumpre as "Directrices de Accesibilidade
ao Contido Web 1.0" da W3C, dispoñibles en http://www.w3.org/TR/1999/WAI-WEBCONTENT-19990505,
nivel Dobre A.
Así mesmo, cúmprense gran parte dos puntos de comprobación
do nivel Triple A.
Estas son algunhas das características do sitio web que
axudan a mellorar a accesibilidade:
Aspecto visual
- Neste sitio web faise un uso intensivo das follas de estilo
(css),
coa fin de separar o contido da presentación. Púxose
coidado en que as páxinas sexan lexibles en navegadores
que non comprenden as devanditas follas de estilo.
- Os tamaños de letra son sempre relativos. Isto permite
que a persoa que vexa as páxinas varíe o tamaño
de letra, se así o desexa, mediante as ferramentas do navegador.
Así, en Internet Explorer isto se acada con "Ver -
Tamaño de texto", en Opera, con "Ver - Escala",
en Netscape 7 con "Ver - Zoom del texto".
- As imaxes dispoñen de etiquetas descritivas.
- No deseño das páxinas non se empregan táboas.
Estas só se usan para amosar datos que así o requiren.
- Non se emprega a cor coma único criterio para distingui-la
información. Así facilítase a accesibilidade
para as persoas con dificultades para distingui-las cores e para
as que empregan dispositivos non visuais.
Varios
- O código da páxina indica o idioma do documento,
así coma os cambios de idioma que no texto. Isto mellorará
a accesibilidade nos navegadores non visuais.
- Indícanse no posible as abreviaturas e acrónimos.
Algúns navegadores - Internet Explorer 6, Opera 7, Netscape
Navigator 7 -, amosarán unha descrición da abreviatura
cando se pasa o rato por riba desta. Nos lectores de pantalla,
isto facilitará a comprensión do texto.
- Algunhas páxinas empregan javascript para facilitar a
navegación ou o acceso á información. Esta
información está dispoñible igualmente se
o navegador non pode traballar con javascript ou o ten deshabilitado.
- Tanto os formularios coma a navegación en xeral son independentes
do dispositivo (non se presupón que a navegación
se levará a cabo coa axuda dun rato).
Ligazóns
- As ligazóns non abren novas xanelas do navegador,
salvo que se indique expresamente o contrario.
- Cando o texto da ligazón non é explicativo,
engadiuse unha descrición da mesma, visible en
moitos navegadores cando se pasa o rato por riba da ligazón.
- O texto das ligazóns non está duplicado:
dous enlaces co mesmo texto apuntan ao mesmo enderezo. Isto axuda
a que o texto das ligazóns teña sentido
cando se le fora de contexto.
Axudas á navegación
- Proporciónanse a posibilidade de saltar os grupos de
ligazóns e acceder directamente ao contido principal da páxina.
Isto é importante nos navegadores non visuais.
- Os documentos divididos en varias páxinas posúen
enlaces co atributo "rel" que facilitan a navegación
nos navegadores de texto.
Teclas de acceso
A meirande parte dos navegadores permiten o uso das teclas de
acceso para ir directamente a certas partes da páxina ou
a certas ligazóns. En windows, deberase premer ALT + tecla
de acceso, en Macintosh, Control + tecla de acceso. Neste sitio
web están
definidas as seguintes teclas de acceso:
Enlaces ao sitio web da Consellería
de Economía e facenda
- Tecla de acceso 1
- Páxina de inicio (só nas páxinas
internas da web)
- Tecla de acceso 2
- Organización da Consellería
de Economía e Facenda
- Tecla de acceso 3
- Normativa da Consellería de Economía e Facenda
- Tecla de acceso 4
- Documentos da Consellería de Economía e
Facenda
- Tecla de acceso 5
- Mapa do sitio web da Consellería de
Economía e Facenda
- Tecla de acceso 6
- Páxina de novas da Consellería
de Economía e Facenda
- Tecla de acceso 7
- Oficina Virtual Tributaria
- Tecla de acceso 8
- Oficina Virtual do Empregado Público
- Tecla de acceso 9
- Oficina Virtual Perceptores
- Tecla de acceso C
- Páxina do Caixón de Suxestións do web
- Tecla de acceso B
- Buscador da Consellería de Economía
e Facenda (só dende as páxinas internas do
web)
Funcionamento do sitio web
Empréganse os mesmos mecanismos de navegación en
todo o sitio web:
- Ligazóns definidas mediante os atributos "rel" (algunhas
páxinas poden incluír algunha ligazón
máis).
Non todo os navegadores amosarán esta información:
- Na parte superior, e debaixo do letreiro de presentación da
Consellería, inclúese unha barra de operacións para facilitar
as seguintes tarefas:
- cambiar de idioma na páxina visitada,
- retornar á páxina principal do web,
- acceder ao caixón de
correo de suxestión para notificar dúbidas,
etc.
- realizar a busca
de contidos na web directamente.
- Todas as páxinas inclúen una barra lateral onde
se ten acceso ás distintas partes principais do web:
- Áreas,
- Oficina virtual,
- Documentos,
- Normativa,
- Consellería,
- Actualidade e Novas ,
- Información sobre a web.
- Na parte central atópase o corpo da páxina.
- Por último, e na parte inferior, disponse dun pe
de páxina onde se da acceso á declaración de accesibilidade
do web, o aviso legal da páxina e ofrecese a última data de actualización
dos contidos sempre que sexa posible.
A distribución da páxina de inicio
é un pouco distinta:
- Ligazóns definidas mediante os atributos "rel" (non
todos os navegadores amosarán esta información).
- Na parte superior un letreiro de presentación da web
da Consellería de Economía e Facenda.
- Debaixo do letreiro de presentación
da Consellería, inclúese unha barra de operacións
para facilitar as seguintes tarefas:
- cambiar de idioma na páxina visitada,
- acceder ao mapa de contidos do web da Consellería,
- acudir ao caixón de correo
de suxestión para notificar dúbidas,
etc.
- acceder á web da Xunta de Galicia,
- realizar a busca de contidos na web directamente.
- Coma contido principal da páxina, pódense diferenciar
dúas seccións ben definidas. Na parte esquerda atópanse unha
serie de cadros onde se inclúen os contidos principais do web,
dando acceso á Oficina Virtual, ás Áreas, á Normativa,
aos Documentos, á información da Consellería e aos webs dos organismos autónomos
dependentes da mesma.
- No lateral atópase un conxunto de información
dinámica como
é a sección de novas que só será visible
se o navegador utilizado dispón dun interprete de javascript
axeitado, en caso de non dispor de javascript aparecerá
unha mensaxe indicando este problema e unha ligazón á
páxina
principal de novas da Consellería
de Economía e Facenda. Tamén hai un acceso a un conxunto de elementos destacados.